Elena Andrés gaña o XIX Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración

As súas pezas ilustrarán a obra Xoán, Xoana de Francisco Castro

7/10/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaarte
37 lecturas | Compartido 0 veces
A Deputación de Ourense deu a coñecer este seis de outubro o fallo da XIX xeira do Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración. A creadora Elena Andrés fíxose con este galardón, dotado con 1.500 euros en metálico. As pezas coas que se impuxo Andrés ilustrarán a obra Xoán, Xoana, coa que Francisco Castro se impuxo na modalidade de narrativa do certame, e que será publicada pola propia Deputación.
O xurado do galardón estivo composto pola deputada de Cultura da Deputación, Patricia Torres, canda a Ana Malingre, David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrío e Isabel Mociño. Segundo o fallo, as ilustracións de Andrés "recollen moi ben o que relata o texto, incidindo na expresión dos sentimentos e das emocións". Ademais, destaca a adaptación das imaxes ao público ao que vai dirixido, así como "a riqueza de detalles que configuran cada plano e a portada".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares