RÃos, lagoas, bosques, montes, zonas costeiras... Toda unha serie de ecosistemas de grande importancia repartidos en todo o noso paÃs contan desde hai ben pouco cun estatus de protección a nivel europeo. A Rede Natura 2000 revélase coma unha ferramenta de grande importancia para a conservación dos nosos espazos naturais, aÃnda que non faltan as voces crÃticas que ven insuficiente a súa implantación.
A Rede natura 2000 púxose en marcha no ano 1992 coa creación da Directiva Hábitats da Unión Europea. “A Rede é un programa europeo de conservación da diversidade”, explica Roxelio Fernández, subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade. “trátase de designar uns territorios que conteñan uns hábitats que polos seus valores naturais son destacados”. Deste xeito, os lugares que mellor representan os hábitats e as especies máis interesantes da Unión Europea coordÃnanse a través dunhas figuras de protección mÃnimas e comúns. O proceso para conformar esta rede sinalaba que os estados membros debÃan achegar as súas propostas de lugares que considerasen interesante protexer. Martiño Nercellas, vocal de Biodiversidade de Federación Ecoloxista Galega, destaca a importancia que ten este proxecto: “A Rede Natura é unha oportunidade moi grande a nivel europeo para conservar a biodiversidade. Implica unha responsabilidade moi grande para as administracións e os estados membros que teñen que facer un esforzo para integrar a conservación nas polÃticas de xestión de territorio”.
A Natura galega
Desde Galicia, a Xunta elevou unha iniciativa que inclúe nesta rede o doce e medio por cento do territorio do paÃs, unhas 390.000 hectáreas. AÃnda que parezan moitas, desde a
Federación Ecoloxista Galega salientan que “a proposta galega está moi por baixo da media das comunidades autónomas, que está entre o vinte e dous e o vinte e tres por cento, con propostas coma a de Madrid que chega ao corenta por cento do seu territorio. Ademais, dentro dese doce por cento inclúense áreas de mar, polo que a superficie real serÃa mesmo inferior”. A lista galega de lugares a protexer deste xeito chegou finalmente aos organismos comunitarios en 2002 e foi aprobada canda a todas as propostas referidas hábitats de tipo atlántico europeo en decembro de 2004, o que inclúe a practica totalidade da iniciativa galega. Quedan aÃnda pendentes algúns hábitats de tipo mediterráneo na provincia de Ourense, que desde a Xunta agardan que se vexan recoñecidos este mesmo ano canda os demais territorios deste tipo. Entre os lugares incluÃdos, o subdirector xeral de espazos naturais sinala espazos coma a Costa da Morte, a Serra da Capelada, as Fragas do Eume, a Serra da Enciña da Lastra ou mesmo as propias Illas Atlánticas, que contan tamén coa distinción de Parque Nacional.
A quenda dos estados
“A partir deste punto os estados membros ou as comunidades con competencias nestas áreas, dispoñen dun prazo para establecer os mecanismos para a protección”, explica Roxelio Fernández. “En Galicia xa se declararon nese mesmo ano todas as zonas que aspiraban a ser incluÃdas na rede e que non contaban con outra figura legal Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, unha figura homologable á Zona de Especial Conservación que se esixe para a Rede Natura”. Queda pendente agora elaborar os Plans de Conservación e os Plans de Ordenación de Recursos Naturais para estas zonas, que establecerán os empregos que se lles pode dar a estes espazos. Neste sentido Fernández destaca que “está practicamente ultimada a ordenación dos territorios incluÃdo na rede, actualmente están a ser facer os plans de uso e xestión”. Estes programas organizan as actividades permitidas en cada lugar durante perÃodo concreto, “nalgúns casos están xa en fase de redacción e noutros aÃnda en negociación”.
Espazos de desenvolvemento
“Pódese dicir que o obxectivo da Rede Natura é crear espazos de desenvolvemento sostible no que se poidan seguir realizando actividades tradicionais”, explica Fernández, “os aproveitamentos agrÃcolas, gandeiros, piscÃcolas e cinexéticos poden continuar, e outras actividades precisan dunha avaliación de impacto ambiental previa para analizar a súa compatibilidade co medio”. Tanto desde a Xunta como desde o movemento ecoloxista coinciden en sinalar que, antes que unha limitación, a Rede supón unha oportunidade. “Os espazos que entran nesta Rede debe contar cun plan de ordenación e de xestión que establecen as actividades que se poden desenvolver neles”. “A rede preséntase hoxe en dÃa coma unha grande oportunidade de desenvolvemento para zonas periféricas”, sinala Nercellas. E é que, segundo el, a UE outorga un financiamento prioritario a aquelas zonas protexidas deste xeito, o que pode favorece o aproveitamento agrario tradicional. O financiamento deste programa é, segundo apunta a Xunta, un dos problemas máis destacados da Rede. “A cuestión non está aÃnda moi clara. A directiva sinal que os custos supoñen unha carga excesiva para os estados, e agora mesmo hai xestos por parte da Unión Europea á hora de financiar pero aÃnda hai moito que falar”. Fernández sinala que “os fondos da rede se integren nos destinados a desenvolvemento rural, pero non se sabe se iso vai competir con outros sectores”.
Os problemas de aproveitamento
Antes da declaración oficial da UE recoñecendo a protección destes espazos, as administracións están obrigadas a desenvolver medidas de protección, e é precisamente durante este perÃodo previo ao recoñecemento europeo das propostas onde os ecoloxistas galegos ven un dos maiores problemas no proceso de implantación da Rede. “A Xunta apurou ao máximo a concesión de licencias e de aproveitamentos de todo tipo, que na maior parte dos casos son incompatibles cos valores da rede no lugar de facer auténticos plans de xestión sobre as zonas”, sinala Nercellas. A instalación de parques eólicos, minicentrais hidroeléctricas e outras concesións provocaron, segundo a FEG que “desde aquela ata hoxe a situación dos lugares mudase moito e que o impacto fose moi superior ao que nunca houbera nalgunhas desas áreas. En moitos casos o dano e irreversible e acabou con moitos dos hábitats que recibÃan protección”. Como exemplo, Nercellas cita o caso da Serra do Xistral, “un referente no mundo cientÃfico e un hábitat único a nivel europeo”, o do rÃo Lérez, no que están a construÃrse varias minicentrais ou a piscifactorÃa de Cabo Touriñán. Neste sentido, Fernández sinala que “as instalacións que se fan neste sentido son avaliadas e parece evidente que non lesionan os valores naturais. Hai que pensar que a Rede Natura protexe exclusivamente hábitats e especies, e non está vencellada á paisaxe, de xeito que moitas destas instalacións son moi aparatosas pero desde esoutro punto de vista teñen un impacto moi pequeno”.
De cara ao futuro
Desde a Xunta apuntan que “hai que avanzar cara a que a rede protexa tamén a paisaxe”, explica Fernández, “Galicia ten que seguir avanzando na ampliación porque hai un reto de conservación”. A elaboración do catálogo de especies ameazadas que vai presentar o goberno en breve poder facer que o hábitat de moitos destes organismos pase a formar parte deste sistema de protección. “É moi posible que algúns destes espazos teñan unha protección de máis rango e pasen a ser parques naturais. Neste sentido hai cousas avanzadas que se porán en marcha nun prazo máis longo”, asegura. O debate continúa entón aberto ante o que semella unha clara oportunidade de desenvolver espazos de desenvolvemento sostible no noso medio rural. Sobre esta rede e outros problemas para os nosos ecosistemas discútese estes dÃas na xornadas “Natureza e cultura. A conservación da biodiversidade galega” que organiza en Oleiros o Consello da Cultura Galega.