Do mesmo xeito que as tarefas do campo ou o ir á praia, as escavacións arqueolóxicas tamén teñen a súa temporada. Co noso alto Ãndice de chuvias, é normal que sexa o final da primavera e o comezo do verán o momento escollido polos arqueólogos para investigar a fundo os depósitos sabendo que se pode aproveitar ao máximo o tempo e que non hai tanto risco de que o mal tempo estrague o traballo. Sen esquecermos que moitos destes investigadores están vencellados ao mundo do ensino e que é este o único perÃodo libre co que contan para este tipo de prácticas.
É certo que a arqueoloxÃa se practica ao longo de todo o ano. Os obrigados estudios arqueolóxicos que se desenvolven cada vez que se fai unha obra en zonas con posibles restos provocan que as escavacións se desenvolvan no medio da chuvia ou da neve do inverno. Sen embargo, a chegada do bo tempo marca un agromar das escavacións. Segundo explica Ramón Fábregas, Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago “a estacionalidade ten que ver coa investigación sistemática que é a que desenvolven institucións coma museos ou universidades. Outros tipos de traballos arqueolóxicos de urxencia non están suxeitos a este ciclo”. Algunhas das razóns polas que se prefire o verán para este traballo son obvias. “Nestas liñas de investigación a estacionalidade obedece en parte a criterios climatolóxicos e á maior cantidade de horas de luz”. Sen embargo, non esquece que a relación das universidades con estas indagacións que marca tamén o momento en que se realizan as escavacións, “outro condicionante é que o perÃodo de docencia remata a comezos de xullo e non volta comezar ata outubro, o que dá unha maior dispoñibilidade mesmo para levar xente”.
A man de obra
Acontece que moitos dos escavadores que pouco a pouco van tirando de baixo da terra os restos do noso pasado son estudantes. “Hai programas que permiten inserir esta colaboración de estudantes no marco de prácticas a través de acordo coa Fundación Empresa Universidade de Galicia e obter créditos deste xeito”. Canda a dispoñibilidade de estudantes en prácticas, existe outra modalidade de man de obra que condiciona o perÃodo de escavacións, os campos de traballo. Esta fórmula de vacacións, na que mozos e mozas de entre dezaseis e vinte e cinco anos empregan o seu tempo de lecer para desenvolver de balde traballos sociais. tamén se aproveita en ocasións para desenvolver escavacións arqueolóxicas. Segundo informan desde o Servizo de ArqueoloxÃa da Xunta, son xa tradicionais as investigacións con este sistema no Castro de Neixón, no Barbanza, no Castromao en Celanova e no castro que se encontra situado nas illas CÃes. “No meu caso no recorrÃn nunca a este método, pero é unha cuestión interesante, entendo que sobre todo para cuestións de limpeza de grandes áreas, ou para intervencións prolongadas en grandes xacementos”, explica Fábregas.
Do colexio ao castro
Levando un pouco ao estremo este sistema, o Museo Provincial de Lugo presentaba o pasado vinte de xuño o seu programa de verán, no que inclúe por segundo ano consecutivo un campamento de arqueoloxÃa. Estas actividade, dirixida a nenos de entre nove e trece anos, levará aos rapaces nesta edición a escavar unha casa romana, unha vivenda castrexa e máis un dolmen.
Grandes continuacións
Entre os depósitos máis coñecidos que se van ir librando da terra nestes meses, está CastrolandÃn. Arredor de trinta persoas, entre voluntarios, peóns, arqueólogos profesionais e estudantes participarán nunha nova xeira de investigación que se prolongará durante catro meses. A intención do Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe, organismo vencellado á USC que dirixe as investigacións, é que nesta temporada se descubran mil metros cadrados máis, traballando nalgunhas das áreas nas que se agarda unha maior concentración de restos. Outro dos grandes conxuntos castrexos do noso paÃs, o de Elviña, tamén verá remexidas as súas pedras este verán, e aÃnda se agarda tirar novos achados do monte Facho, en Cangas.
Máis análises
En falando de restos máis modernos, comeza nestes dÃas unha nova campaña de investigación no castelo da Rocha Forte, en Compostela, dentro da campaña de recuperación desta fortaleza. Tamén, en canto a petroglifos, o propio Ramón Fábregas quere aproveitar esta temporada para realizar a catalogación das mostras de arte rupestre que localizou o pasado verán. O catedrático pretende tamén, pendente de da autorización da xunta, investigar un xacemento castrexo de Ribeira coetáneo destas mostras de arte coa intención de coñecer mellor a vida dos posibles autores destas inscricións. Todas estas son só unha mÃnima mostras de todas as iniciativas que, ao longo do verán, van remexer pedras e terra na busca de novos anacos do noso pasado. E é que só no ano 2004 a Xunta autorizaba novecentas prospeccións deste tipo en Galicia. Asà que non se estrañen se encontran alguén que decide optar por esta modalidade para pasar os meses de calor.