A creación do selo editorial en galego seguirá adiante. BaÃa, Sotelo Blanco e A Nosa Terra decidiron onte "manter aberto o proceso para a constitución dun novo selo editorial", tal e como declararon a La Voz de Galicia. O mesmo xornal que onte publicaba que a falta de acordo botaba por terra esta iniciativa, da que se desmarcou Galaxia. BaÃa, Sotelo Blanco e A Nosa Terra quixeron saÃr ó paso das publicacións que botaban abaixo o acordo puntualizando que se creará un novo selo dirixido ó libro de texto e tamén a outros proxectos.
Cara adiante coa unión
Unha vez apuntada a situación actual do acordo editorial, responsables das tres empresas quixeron deixar claro a súa postura de seguir adiante co proxecto editorial. De feito "mantemos aberto o proceso para a constitución dun novo selo editorial, non só dirixido ó libro de texto, senón a outro tipo de proxectos", apuntou Fabiola Sotelo.
Un proxecto que segue adiante porque a situación do mercado atomizado que os levou a iniciar este tipo de conversas segue a existir; e por outro motivo, porque resulta un proxecto moi complicado e inviable para acometer por un grupo editorial en solitario.
Polo demais, continúan mantendo as datas previstas para a consecución dos obxectivos elaborados para este novo consorcio editorial. Isto supón comezar coa edición de libros de texto no 2003 e 2004, e coa comercialización e a distribución no 2002 e no 2003.
SerÃa un consorcio que pretenderá facerlle fronte á hexemonÃa, dentro de Galicia, ós grandes grupos editoriais. A cota de mercado para as obras de texto ronda o 10% nos libros para o ensino infantil e de primaria, mentres que en secundaria chega ó 50% en determinadas materias.
Malestar
Representantes das tres editoriais implicadas, BaÃa, Sotelo Blanco e A Nosa Terra, manifestaron ó longo do dÃa de onte o seu malestar pola información publicada por La Voz de Galicia que anunciaba a ruptura do acordo. Entre outros motivos, porque, segundo apuntaron a diferentes medios, Galaxia decidiu desmarcarse das conversas, pero o proxecto seguirá adiante.
De feito os responsables, Fabiola Sotelo (de Sotelo Blanco), Xoán Pazos (de BaÃa) e Xosé Puga (de A Nosa Terra) non daban crédito ós comentarios publicados, porque de momento só se estaban realizando unha serie de conversas sen que se asinara ningún documento. O que si quixeron deixar claro foi que un dos temas nos que non chegaran a ningún acordo, polo momento, era o reparto das participacións e dos beneficios que acarreaban a cada unha das empresas. Sen embargo, estiman que non era motivo suficiente como para que se rompesen as negociacións, porque de momento só eran conversas, sen que houbese ningún documento asinado.
Trala publicación da información, os responsables das editoriais falaron co subdirector de Galaxia, Damián VillalaÃn quen pensaba de que foran informados da decisión, ó que respostaron "que ninguén nos comunicou nada, nin antes, nin agora".