Catro meses durou o acordo das editoriais galegas para facer de xeito conxunto libros de texto. Desde que en xuño Galaxia, BahÃa, Sotelo Blanco e A Nosa Terra decidiran unirse para facerlle fronte ós grandes grupos editores de textos escolares, xurdiron numerosos atrancos difÃciles de solucionar. Presumiblemente foron a atribución das responsabilidades e o reparto das ganancias, segundo publica hoxe "La Voz de Galicia", as que botaron por terra esta iniciativa. E se falamos de libros e de lectura, non debemos deixar de pasar por alto unha iniciativa única do Concello da Coruña. É o novo servicio de biblioteca "a domicilio" para xente con problemas de mobilidade.
Unión editorial: Hai catro meses
No pasado mes de xuño, Galaxia, Sotelo Blanco, A Nosa Terra e BahÃa anunciaron, no marco do Salón do Libro, a creación dun grande grupo de comercialización e edición de libros. Un grupo que distribuirÃa arredor do oitenta por cento dos tÃtulos das editoirais de capital galego, incluÃndo tanto os fondos dos participantes coma as das empresas que traballan con eles. Un proxecto moi ambicioso que pretendÃa facerlle fronte á entrada no sector educativo dos grandes grupos e multinacionais editoras (Anaya, Santillana....). Un acordo que tiña previsto que se botase a andar para o vindeiro curso académico, e que agora acaba de desaparecer.
Divorcio editorial; hoxe
Desde que hai catro meses as catro editoriais participantes deste proxecto pretendesen botar a andar este ambicioso proxecto, segundo publica, "La Voz de Galicia", xurdiron numerosos atrancos. AÃnda que, segundo afirma o xornal, foi o económico o que fixo que esta iniciativa non se viabilizase. De feito, a falta de acordo debÃase, en parte, a que non se definÃan con claridade as responsabilidades e as ganancias económicas para cada un. AÃnda asÃ, o panorama atomizado (en canto a distribución e edición) que demandaba a necesidade da creación deste grupo segue estando tal e como definiron hai un tempo.
A edición de libros escolares move ó ano uns 36 millóns de euros (6.000 millóns de pesetas) e afecta a case 305.000 nenos de ensino non universitario. O que o convirte nun sector económico moi atractivo para as editoriais.
Levar a lectura ás casas
O Concello da Coruña acaba de poñer en marcha unha iniciativa que pretende achegar os fondos das súas bibliotecas a aqueles cidadáns que teñen problemas de mobilidade. Esta iniciativa é posible gracias ó Centro Municipal de Voluntariado asà como a axuda de persoas colaboradoras.
Este proxecto consiste en que os voluntarios irán por todos os barrios e o pisos facilitando todo tipo de publicacións, CDs, revistas e libros. Un proxecto que pretende contribuiir ó fomento da lectura e que comezará a finais de ano.