Enma Pedreira, Álvarez Cáccamo, Javier Pérez, últimos premios

Tres máis

Esta fin de semana fixéronse públicos numerosos premios. O Arume de poesía para nenos, o Fermín Bouza Brey, tamén de poesía, e por último, o Premio Internacional de Gravado seguindo unha orde cronolóxica. Tres premios que recaeron, respectivamente en Xosé María Álvarez Cáccamo por "Lúa de pan"; Enma Pedreira por "Os cadernos d´Amor e os Velenos"; por último, o de gravado recaeu no artista madrileño Javier Pérez Gil. Premios para dar e tomar.

Poesía para nenos



"Lúa de pan" é o título do poemario premiado pola Fundación Neira Vilas co galardón "Arume". Un volume de Xosé María Álvarez Cáccamo que foi premiado pola súa fonda expresividade lírica, así pola súa sensibilidade e imaxinación. Certame que ten unha importancia destacada por ser o único certame de poesía para nenos, que é unha das modalidades que menos se cultiva dentro do panorama literario galego.
A obra de Cáccamo recibíu o primeiro premio que está galardoado con 250.000 pesetas, así como a publicación do volume a cargo de Edicións do Castro.
Xunto coa obra de Xosé María Álvarez Caccamo presentáronse un total de dezaseis obras, o que da conta da situación minoritaria deste xeito ou deste tipo de literatura.
O xurado estivo presidido por Anisia Miranda, a muller de Neira Vilas, e Miguel Anzo Fernán- Vello, Salvador García Bodaño, e Luís Reimóndez como secretario.












Premio Bouza Brey



Este ano celébrase o centenario de Fermín Bouza Brey, por ese mesmo motivo, o concello de Vilagarcía convocou unha nova edición do premio de poesía. Un galardón dotado con 500.000 pesetas e a publicación do libro.
O fallo, que se fixo público este sábado, nomeou como gañadora á moza coruñesa Emma Pedreira Lombardía coa súa obra "Os cadernos d´Amor e os Veleos (Libros de posturas)". Unha obra que o xurado quixo destacar pola súa poética arriscada e novidosa.
Nesta edición o xurado estaba composto por Luz Pozo Garza, Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxos Fernán Vello, Fermín Bouza Álvarez e Gonzalo Bouza Brey.
A este certame presentáronse 16 candidatos e a entrega oficial levarase a cabo na Casa de Cultura o vindeiro tres de novembro.






e os premios de gravado

Un madrileño e dous arxentinos coparon os primeiros premios do Certame Internacional de Gravado. O primeiro galardón, dotado con un millón de pesetas, recaeu no artista madrileño Javier Pérez Gil por SVET, unha calcografía. O segundo premio foi para o arxentino Leonardo Gotleyb pola xilografía "O mito urbano" e está dotado con 500.000 pesetas. Por último, a tamén arxentina Cecilia Mandrile levou o terceiro premio
Foi a XV edición do Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos que se tivo que retrasar un día o seu faio debido á gran cantidade de obras presentadas.
O xurado estivo formado por Juan Carrete Parrondo, director do Centro Conde Duque; José Matilla, conservador do Museo do Prado; Víctor del Campo, director da feir ad e graado Estampas; Anne Heyvart, gravadora; Rosario Sarmiento, crítica de arte; Sergio Vázquez, pintor e Jesús María Risueño, pintor.