A estética e o contexto da obra de Fernández Flórez a análise nun congreso

WFF

Durante cinco días expertos en literatura e historia e estudiosos da obra de Wenceslao Fernández Flórez daranse cita na cidade herculina. E é que do 22 ó 26 de outubro a Universidade da Coruña celebra o "I Congreso Internacional Wenceslao Fernández Flórez. Evasión e Compromiso na Primeira Metade do Século XX". Un congreso que, organizado en diferentes áreas temáticas, abordará a figura, a obra, a estética e o momento histórico que lle tocou vivir ó escritor de "O Bosque Animado".



Un completo congreso



O Congreso que organiza a Universidade da Coruña pretende ser un recompilatorio das diferentes facetas que rodearon á vida de Wenceslao Fernández Flórez. Por ese mesmo motivo, desde a organización, planificaron un programa que, dividido en áreas, organizase múltiples facetas do escritor: o seu tempo; o canon literario na primeira metade do século XX; ética e estética da recepción; os contos: heroes, mitos e monstros; o humor e a subversión na literatura; a muller na literatura: valores, actitudes e comportamentos; subversivos e reaccionarios: ética e estética do compromiso. Unha disciplina que pretende achegarse ás múltiples facetas do escritor de Cecebre.











"Ano Fernández Flórez"



Este foi un ano bastante prolífico para a obra de Fernández Flórez, basicamente por dous motivos ben diferenciados entre si. Por unha banda no que atende á fundación que leva o seu nome que xa ten unha nova sé. E o centro que albergará as súas actividades é a que foi a casa do escritor durante moito tempo. Por outra banda, a empresa Dygra Films botou a andar ese ano a primeira longametraxe en 3D europea: o filme que está baseado na obra máis coñecida de Fernández Flórez. Un filme que foi un éxito de público na carteleira e que chegou ás salas cinematográficas en dous idiomas. Polo demais, neste último sentido cómpre afondar no feito de que "O bosque" non é só un filme, senón que a división multimedia da compañía Dygra Films está traballando para preparar a versión televisiva (en formato serie) deste producto.