A XX edición do Premio Blanco Amor de novela recaeu en Xosé Antonio Perozo, escritor e director da editorial Ir Indo, pola súa obra "No tren do pracer". A obra de perozo consiste no monólogo interior dunha muller que repasa a súa vida e as súas conquistas amorosas ó xeito dun Don Xoán Feminino. O premio, dotado con dous millóns de pesetas e organizado por diferentes concellos de Galicia, entregarase en VilagarcÃa o vindeiro mes de decembro.
A liberdade dunha muller
"Martazul", a obra gañadora da vixésima edición do Premio Blanco Amor de novela, consiste no monólogo interior dunha moza de vintecinco que viaxa de Vigo a Madrid coa intención de matar ó seu amante e pigmalión. Neste monólogo a protagonista repasa a súa vida e as súas crenzas, amosándonos unha muller totalmente independente e liberada, que emprega os homes ó seu antoxo e vive a súa sexualidade plenamente.
A obra organÃzase en tres partes e, segundo Xosé Antonio Perozo, o libro posúe unha onda carga erótica e reflicte un xeito de relacionarse moi actual na nosa sociedade e que non se deu en ningún outro momento da historia.
Segundo definiu Henrique Monteagudo, voceiro do xurado, trátase dunha "narración de grande ambición" que "expresa as inquedanzas e confusión das persoas de hoxe" e que é capaz de enganchar o lector desde o comezo.
Xurado e edición
O xurado desta XX edición do Premio Blanco Amor deu a coñecer a súa decisión na noite do pasado venres en VilagarcÃa, onde tamén se realizará a entrega do premio o vindeiro mes de decembro. O xurado estivo composto por Henrique Monteagudo, profesor e secretario do Consello da Cultura Galega, o académico Francisco Fernández Rey, o profesor Xosé MarÃa do Barro, o xornalista Camilo Franco e o escritor Xosé Carlos Caneiro, gañador da anterior edición deste certame.
O premio, dotado con dous millóns de pesetas, non inclúe a edición da obra, e o autor xa amosou a súa intención de que saia na editorial Ir Indo, que el mesmo dirixe. Segundo manifestou Xosé Antonio Perozo, xa tiña a intención de publicar a novela para a vindeira primavera, e decidiu presentala ó premio a posteriori sen agardar gañalo.
O premio
O premio Blanco Amor instituiuse hai vinte anos coa intención de promocionar a novela escrita en galego. De feito, durante anos foi un premio á novela longa e esixÃa un mÃnimo de páxinas ás obras que se presentase. O premio é convocado anualmente por diferentes concellos, recaendo este ano a súa sede en VilagarcÃa. Desde a súa fundación constituÃuse coma un dos máis prestixiosos galardóns de narrativa de toda Galicia.