"O paxaro na boca", "Últimas palabras/Verbas derradeiras" , "Concerto de outono" , "Códice calixtino" son algunhas das obras poéticas de Luz Pozo Garza. As mesmas que avalan o recoñecemento poético que lle outorgou onte en Ribadeo a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Un premio que, segundo Fernando Fernán-Vello, pretende recoñecer a súa cualidade literaria e a súa "enerxía cósmica".
Símbolos
Logo dos recoñecementos a Uxío Novoneyra ou a Manuel María, chegoulle o tempo a Luz Pozo. Un premio que pretende ofrecer un respaldarazo á súa faceta poética. O acto estivo cargado en todo momento de numerosos símbolos. De feito, desde os discursos oficiais, que tiveron lugar no concello de Ribadeo, destacou a presencia de numerosos elementos simbólicos. No discurso de Fernán Vello explicou o valor do nome da recén galardoada: Luz como reflexo de "enerxia cósmica" e Pozo simboliza a aspiración e Garza ten a imaxe da mañá e dunha ave de augurios favorables.
Polo demais, o acto de entrega do premio, implicou ademais unha serie de elementos simbólicos. A escultura de pedra, a camelia e a rúa que levará o seu nome eque está moi preto dunha zona pola que a poetisa pasaba cando era nena.
Letra E
A escritora recibiu a letra E de escritora coa que a galardoou a Asociación de escritores en Lingua Galega das mans de Xosé María Álvarez Cáccamo. E estivo acompañada por numerosas personalidades do mundo da cultura entre os que destacaron Xosé Luis Franco Grande, Daniel Cortezón, Yolanda Castaño, María Xosé Queizán e Xosé Neira Vilas.
Vida e obra
Luz Pozo Garza volveu ó seu Ribadeo natal para ver como unha das rúas polas que pasaba de nena leva o seu nome. Pozo naceu nesta localidade lucense en 1922 e na que viveu ata que se desprazou a Viveiro. Desde que en 1948 publicou o seu primeiro volume "Ánfora" a súa participación no mundo da cultura non deixou de medrar. Traballou en Badaxoz, Corcubión, e finalmente na Coruña. Desde entón codirixeu a Revista de Poesía e Crítica Nordés (a súa condición feminina impediulle no franquismo poñerse á fronte da revista), que despois levaría en solitario na segunda etapa. Desde 1977, cando foi nomeada catedrática de lingua e literatura en Nigrán, vive en Vigo, cidade que exerce un peso importante dentro da súa literatura.