A figura de Emilia Pardo Bazán a análise na Barrié ós 150 anos do seu nacemento

En feminino

O 16 de setembro de 1851 nacía na Coruña unha das escritoras galegas máis coñecidas: Emilia Pardo Bazán. 150 anos despois, a Fundación Barrié conmemora o seu nacemento cun ciclo de conferencias arredor da súa figura. A vida, a obra, o seu pensamento feminista estarán en boca dos numerosos especialistas que participan o 24 e 25 de outubro no ciclo de conferencias.






Ciclo de conferencias


Catedráticos de historia contemporánea e da Teoría da Literatura de diferentes universidades españolas e francesas formarán parte do ciclo de conferencias sobre Emilia Pardo Bazán co que pretenden conmemorar o sequiscentenario do nacemento da escritora coruñesa. Unha serie de charlas que pretende analizar a obra de Parzo Bazán e a súa importancia dentro do momento que lle tocou vivir.
As conferencias desenvolveranse o mércores e xoves 24-25 de outubro na sala de Conferencias da Fundación Barrié e conta con entrada libre. Ademais das charlas o cartel complétase coa presentación dun vídeo titulado "Vida e obra literaria de Emilia Pardo Bazán".













Visión feminista de Emilia Pardo Bazán


Emilia Pardo Bazán foi unha das máis acérrimas defensoras da muller. Un feito que a levou a crear en 1891 a "Biblioteca da muller", un compendio de coñecemento científico, histórico e filosófico da muller en todos os tempos. Sen embargo, a súa obra non tivo a repercusión que ela esperaba, o que lle serviu para reforzar a súa tese de que o peor mal do que adolece á muller da súa época foi a ignorancia e a falta de interés por aprender. De feito, a súa extensa e prolífica obra aborda o pensamento da muller e sirve como punto de referencia para os pensamentos feministas.
E a súa visión, moi adelantada para a muller decimonónica, é un dos puntos principais nos que se centra a análise que se levaránas xornadas da Barrié.









Un pequeno perfil

Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851- Madrid, 1921) é unha das escritoras galegas máis coñecidas dentro e fora das nosas fronteiras. Entre o seu curriculum figuran numerosas obras de diferentes xéneros literarios, aínda que é máis coñecido pola súa faceta como novelista. Con"Os pazos de Ulloa " (1886) obtivo o seu máximo recoñecemento como escritora e no seu haber figura o feito de ser unha das máximas impulsoras do movemento naturalista. Un feito que quizaves recolle a influencia deixada polo francés Emilie Zola. Colaboradora en prensa nacional e internacional, Pardo Bazán conta con máis de cincocentas obras no seu curriuculum entre contos, artigos e textos de ponencias.