A relación de Curros co evanxelismo abre o congreso na súa honra

Polifacético

Dúas ideas centraron a primeira xornada do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" que organiza o Consello da Cultura Galega. Por unha banda o silencio ó que foi sometido o poeta celanovés polo franquismo e, pola outra, as súas relacións co protestantismo, sobre todo, coa igrexa evanxélica. Un congreso que pretende darlle plena vixencia á figura de Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851- A Habana, 1908) cando se cumplen 150 anos da súa morte.

Silenciado durante 150 anos


O obxectivo do congreso sobre Curros pretendía sacar á luz a súa figura, logo de moitos anos de silenciamento e de esquecemento. E así quedou claro desde a xornada inaugural, cando o director do Congreso, Alonso Montero defendeu a necesidade de reivindicar ó escritor, xornalista e poeta que foi silenciado durante o franquismo. De feito neste congreso conmemórase ou 150 aniversario do seu nacemento, xa que o centenario (que coincideu en plena época do franquismo) foi practicamente esquecido.
Ó longo de toda a xornada de onte, preto duns corenta ponentes quixeron destacar en ponencias simultáneas algúns dos aspectos máis silenciados da obra de Curros. De feito, afondáronse aínda máis en consideracións biográficas, así como na súa faceta xornalística. Unha visión que ofreceron profesores e investigadores da obra de Curros analizanron a súa etapa de correspondente da guerra carlista en El Imparcial e a súa etapa en La Tierra Gallega. Momento no que fixo unha aportación significativa o saber facer xornalístico do momento.












O protestantismo de Curros



Ademais da súa faceta literaria, unha das principais aportacións foi da de Patrocinio Ríos, licenciado en Filoloxía Románica e profesor do Middlebury College en Madrid, que aportou un matiz novo dentro da súa biografía. Na súa ponencia deixou claro a vinculación do Poeta de Galicia con "misineiros británicos e americanos , que desenvolvían a tarefa de difundir o Evanxeo como misioneiro laico a soldo".
Ademais, no congreso o académico Neira Vilas afondou na "Historia da coroa de Curros" (o 21 de outubro do 1904 no Teatro Principal da Coruña, hoxe Teatro Rosalía). Un recoñecemento público que non obtivo ningún poeta galego ata entón.









E para hoxe

A para hoxe agardan numerosas conferencias que pretenden afondar na figura literaria e as relacións literarias de Curros cos seus contemporáneos.
E para a sesión do sábado os ponentes destacarán nas súas confrencias a aos aspectos ideolóxicos do poeta. Unha xornada que se clausurará cunha conferencia a cargo de Carlos Casares que fará un repaso de aspectos controvertidos da vida, obra e ideoloxía de Curros.
Pero co fin das ponencias non remata o congreso que ten, ademais outras actividades. Unha delas é o recital do grupo Palabra de Poeta, que terá lugar o día 15 ás sete da tarde. Por outra banda, o epílogo do Congreso terá lugar o día 16 de setembro con un foro (diante do monumento a Curros), unha homenaxe (na Real Academia Galega), e un acto-. homenaxe literario e musical no Teatro Principal.