Psicoterapia e creatividade. A relación entre estes dous elementos, aÃnda que recoñecida, non é habitual. E menos cando iniciativas que os xuntan se desenvolven no noso paÃs coa colaboración de creadores que contan cun nome no noso paÃs. O responsábel desta volta é o psicólogo e poeta Estevo Creus, que organiza unha serie de talleres de creatividade no seu Centro de Intervención Psicolóxica.
PoesÃa, música, relaxación e contacontos. Estas son as propostas que os interesados poderán encontrar ao longo do mes de abril no Centro de Intervención Psicolóxica que dirixe o poeta Estevo Creus en pleno casco histórico de Santiago de Compostela. Non se trata de concertos, recitais e actuacións, senón de talleres para axudar ás persoas interesadas a desenvolver a súa creatividade. "O proxecto naceu coa intención de ofertar unha serie de cursos sobre cuestións das que é moi difÃcil ter unha formación á vez que se traballa a creatividade, centrándose nesta cuestión máis do que na técnica", explica o responsábel. "Eu mesmo teño impartido obradoiros de poesÃa en institutos e noutros lugares, mais non coñezo un local no que se poidan ir traballando estes aspectos. Non queremos competir con escolas de teatro nin centros semellantes, queremos nos centrar máis no desenvolvemento da creatividade".
O funcionamento
"Isto é coma unha proba piloto", explica Creus. No mes de abril arrinca o taller de relaxación e creatividade, que impartirá o propio psicólogo. Tamén ao longo deste mes desenvólvese o de creación poética, por conta de Yolanda Castaño coa colaboración de Eduardo Estevez. Ambos os dous transcorrerán en dúas sesións dunha hora cada semana. Pola súa banda, o curso de contacontos concentrarase na fin de semana dos dÃas dezaseis e dezasete deste mesmo mes, co maxisterio de Cándido Pazó. Esta sesión completarase con outro módulo no mes de maio. Entre unha e outra seguiranse os proxectos que vaian desenvolvendo os participantes. Canda a este o tamén músico e poeta Rafa Xaneiro, achega a oportunidade de se achegar á creación musical por computador no mesmo centro. Todo isto en grupos reducidos, que varÃan en función de cada actividade, cos que se pretende que os coordinadores poidan prestar unha maior atención a cada un dos participantes. Nos diferentes obradoiros temáticos participará o propio Estevo Creus. "Traballarei nalgunha das sesións aspectos referidos ao traballo con emocións e técnicas de creatividade e de imaxinación", explica.
Terapia e creación
O taller de relaxación e creatividade que organiza o propio Creus é talvez o que mellor reflicte as posibilidades de relación entre a creatividade de terapia. "Nos outros existe un produto final da actividade", explica o psicólogo. "Neste traballamos máis coas dimensións da persoa, non cómpre producir nada. Empregamos técnicas de relaxación, fantasÃas guiadas e outras cuestións máis referidas ao autocoñecemento e que se poden aplicar ao dÃa a dÃa. A creatividade é un dos factores máis interesantes para a prevención de problemas psicolóxicos", asegura Creus. "A creatividade facilita a busca de solucións, a toma de decisión e o benestar psicolóxico", destaca. A pesar das posibilidades terapéuticas deste tipo de actividades, estes cursos non están dirixidos especificamente a persoas con problemas, senón que son abertos a todas aqueles interesados en afondar nestas cuestións.
Elección
A selección dos nomes para a organización dos obradoiros responde a intención dos organizadores de que "os cursos sexan coma obradoiros de artistas, querÃamos que fosen talleres con xente que estivese a traballar no ámbito do que fala e que fose recoñecida", explica Creus. Partindo destas premisas, recoñece que a elección foi sinxela. "Cándido Pazó é, alén de contacontos un grande autor, e pareceume a persoa máis axeitada para traballar tanto a dimensión escénica coma a creativa", explica o coordinador da idea. "O caso de Yolanda ben tamén neste sentido. E unha persoa con moitos coñecementos teóricos por ter estudado FiloloxÃa e ao tempo é unha autora recoñecida". De xeito semellante, Rafa Xaneiro suma a súa condición de músico experimental a de poeta.
Aceptación e futuro
"Estamos a ter xente que chama de moitos sitios. Isto é un pouco coma unha proba piloto e agardamos que polo menos tres destes talleres vaian adiante. Polo momento estamos tendo xente que chama de moitos sitios", asegura Creus. De cara ao futuro a intención e consolidar esta oferta. "Queremos traballar naqueles ámbitos nos que a xente habitualmente é autodidacta coma a poesÃa. Agardamos que destes cursos poidan xurdir proxectos, que poida haber un intercambio de ideas entre os participantes dos diferentes grupos e que se podÃan levar adiante en función dos intereses da xente". A idea está a se xestar.