O Concello de Rianxo honra a doce dos seus fillos cunha exposición a ceo aberto

Homenaxados en cubos

Doce cubos de aluminio de dous metros e medio de ancho por outros dous e medio de alto serán o orixinal soporte co que o concello de Rianxo renderá homenaxe a doce dos máis importantes persoeiros nacidos nesa terra, na súa maioría literatos. Co título de "Sempre en Rianxo, Sempre en Galiza", a mostra podrá verse a partir deste sábado ás oito e media da tarde.

A historia en cubos



A orixinal idea desta exposición ó aire libre ten tres pais. Onda Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo, está o filólogo Xosé Luis Axeitos e o deseñador gráfico Pepe Barro. Os doce cubos amosan nas súas caras imaxes e textos que presentan os homenaxados. Os doce rianxeiros escolleitos simbolizan, segundo os promotores da mostra, a historia da vila e de Galicia enteira. Segundo Pepe Barro, a mostra está pensada para seducir a todo tipo de xente, desde estudiosos a turistas. O seu formato permitirá que via percorrendo no futuro diferentes cidades e vilas, tanto en Galicia coma no estranxeiro.












Fillos predilectos


Media hora antes da inauguración oficial da exposición, no Salón de Actos do Concello de Rianxo celebrarase un pleno extraordinario no que se declararán fillos predilectos e fillos adoptivos da vila a dez persoeiros destacados cultural ou históricamente. Entre os homenaxados nesta mostra atopamos ó primeiro Señor de Rianxo e poeta, Paio Gómez Charino; ó precursor da nosa literatura torrado Mariño; o pedagogo e poeta Roxerius Romero e a Pinciñas, autores de "A Rianxeira"; a Eduardo Dieste, poeta e diplomático, ou ó bardo do XIX Evaristo Mantelo. Onda eles, os nomes máis coñecidos de Catelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste, que acompañan a un poeta inexistente tamén nacido en Rianxo como é Heriberto Bens, heterónimo de Xosé Luis Méndez Ferrín.