Precursor do realismo máxico, incansable defensor do idioma, retratista certeiro da sociedade tradicional, unha dos voces poéticas e narrativas máis destacadas da nosa literatura. A figura inmensa de Álvaro Cunqueiro chéganos coa súa propia voz. As palabras de Don Álvaro proveñen de dúas entrevistas que foron realizadas cara a 1974, unha delas realizada exclusivamente en castelán, e que se conservan no Arquivo Sonoro de Galicia.
Mondoñedo desde o comezo
A vila de Mondoñedo na que naceu o 22 de decembro de 1911 foi un marco que deixaría unha grande pegada en Cunqueiro. Alí, o Álvaro neno e o Álvaro mozo entrarían en contacto coa sociedade tradicional e coa natureza do país. Na botica do seu pai escoitou as historias de moitos dos menciñeiros e outros personaxes que retrataría máis tarde nas súas obras. Xa de moi novo Álvaro deu mostras da súa capacidade fabuladora cando, lía na barbería as noticias do xornal e introducía nelas elementos fantásticos que divertían á concorrencia. A figura do neno ficou desde entón como algo especialmente importante para el, que gustaba de ver as cousas con estes ollos.. Estes anos marcaríano para toda a súa vida.
A Universidade da vida
Logo de pasar por Lugo para facer o Bacharelato, o Álvaro mozo chega á Universidade Compostelá en 1927 Na súa etapa de universitario entrou en contacto coas vangardas internacionais e coñece a destacadas figuras das letras galega coma Ánxel Fole, con quen compartiría unha forte amizade. A atención de Cunqueiro iría máis cara os libros e as amizades que cara os estudios de Filosofía e Letras, que non chegaría a rematar. Aínda de vello recoñecía a súa afección a estar cos amigos e coñecer xente. afianzouse a súa vocación literaria, que o levou a colaborar en revistas coma "Vallibira", "Nós" ou "El Pueblo Gallego" e a editar desde Mondoñedo "Galiza" (1930) e "Papel de Color" .
En 1932 publica "Mar ao Norte", o seu primeiro poemario. A este seguirían "Poemas do sí e do non" (1933) outros coma "Cantiga nova que se chama Ribeira"(1933), que segundo sinalou Torrente, foi escrito en tres ou catro horas nunha taberna.
Tamén data da universidade a súa implicación co movemento galeguista, que o levou a participar na campaña a prol do estatuto e realizar unha activa defensa da lingua galega para a que desexaba "mil primavera máis" e que mantería ata os últimos días da súa vida.
A época escura
A guerra sorpréndeo en Mondoñedo, e pese á súa adscrición galeguista, xa en 1936 o vemos en Ortigueira coordinando a edición local de "Era Azul", xornal de Falange. O seu bo facer levouno a "El Pueblo Gallego", "Vértice" e, finalmente "ABC". Este último traballo levaríao a Madrid, onde residiría ata 1947 facéndose moi coñecido coma articulista e literato. A pesar dos seus acendidos artigos a favor do novo réxime falanxista, Cunqueiro abandonou o partido único en 1943 e xa no comezo da guerra sinalaba o seu amor á liberdade nunha carta a un amigo. Este amor pola liberdade era recalcado cara o final da súa vida nunha entrevista.. Onda este amor pola liberdade, mantíñase unha fonda relixiosidade que non necesariamente o facía coincidir coa igrexa.
En 1944 un incidente co embaixador de Francia fai que lle retire o carné de xornalista, e logo de tres anos colaborando con algunhas revistas e dedicado a diversas actividades, volta a Mondoñedo, cidade que idealiza e á que se debería semellar calquera outro lugar onde vivise.
O retorno
É despois deste seu retorno cando comeza a súa carreira coma narrador. Logo dun novo libro de poemas "Dona do corpo delgado", en 1950, publica a súa primeira novela, "Merlín e familia", que xa apunta o que serán constantes na obra do escritor: a fabulación desatada, o emprego do anacronismo, e unha grande dose de humor sempre vencellada a detalles realistas que daba proximidade ó relato.
Tamén por esta época comeza a colaborar co xornal santiagués "La noche" cunha sección titulada "Los días". En 1956 edita "El caballero, la muerte y el diablo" en Madrid e "As crónicas do Sochantre", outra creación fantástica nun intre en que a moda apuntaba pola novela realista ou social.
A inventiva
"O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca" (1958), "Las mocedades de Ulises" (1959) ou "Se o vello Sinbad voltase ás illas" (1960) confírmano coma un destacado escritor en toda o Estado e coma un dos máis grandes fabuladores da literatura galega. O seu elevado ritmo de produción escondía unha inventiva metódica combinada cunha escrita meteórica.
Un ano antes que o "Sinbad", Cunqueiro editaba o que sería primeiro volume da súa triloxía máis famosa. "Escola de menciñeiros" mestura personaxes reais e imaxinarios e reiventa algúns dos personaxes que o autor coñeceu de neno. Estes retratos continuarían en "Xente de aquí e de acolá" (1971) e en "Os outros feirantes" (1979) ofrecendo, coa súa mestura de fantasía e realidade, un retrato da sociedade tradicional galega.
O estilo das súas obras traspasa as barreiras do idioma e empapan as súas obras narrativas en castelán, algunha das cales, ó parecer, foi traducida do galego. "Un hombre que se parecía a Orestes" (1969), "Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca" (1972) ou "El año del cometa"(1974) manteñen o ton épico e humorístico, tenro e saudoso de toda a obra de D. Álvaro, que pretendía, a través da fantasía, comprender o home.
Alén do literario
Paralela á súa carreira literaria, Cunqueiro continuou na súa faceta xornalística, facéndose cargo da dirección do "Faro de Vigo" entre 1964 e 1970. Ademais, elaborou varios libros sobre cociña, outra das súas grandes afeccións e numerosos artigos e recensións. Sempre nun contacto directo con persoas de todo tipo e cunha sinxeleza e afabilidade característica.
Despois de ver recompensado seu labor a prol da cultura coa entrada na Real Academia Galega en 1961 e o recoñecemento unánime da súa importancia, aínda tivo tempo para interesarse pola situación política logo da transición e, xa gravemente enfermo, facer campaña, coma no 36, a prol do Estatuto de Autonomía. Morría o 28 de febreiro de 1981 deixando a Galicia algo máis orfa de fantasía.