Cada ano chegan ás nosas costas unha grande cantidade de arroaces, baleas, focas e tartarugas mortas ou a piques de morrer, unhas cifras que están a bater récords nos últimos meses. Canda a estes animais, unha cantidade moi elevada visita as nosas costas. Tanto para controlar os varamentos, coma para recuperar os animais afectados e mesmo para coñecer as cifras de animais que percorren as nosas augas, en Galicia existe un nome: a CEMMA, a Coordinadora para o Estudo dos MamÃferos Mariños.
No que vai de 2005 chegaron ás nosas costas arredor de oitenta mamÃferos mariños. O último ata o momento, un rorcual branco que aparecÃa en Touriñán. Esta cifra reflicte un notable incremento na cantidade destes animais que varan nas praias e cantÃs galegos, xa que en todo o ano 2004 foron 286 os varamentos deste tipo. Os estudosos desta cuestión apuntan os temporais deste inverno como causas que explican este incremento, sen esquecer a presión da pesca sobre estas especies, que en ocasións quedan atrapadas en aparellos de captura. Tamén a redución de alimento ou un incremento das enfermidades redundan nunha maior mortalidade.
Coordinar datos
Estes datos proveñen das análises realizados pola Coordinadora para o Estudo dos MamÃferos Mariños, unha asociación que empezou o seu traballo hai agora quince anos e que se converteu neste tempo no referente galego neste campo. Segundo explica Alfredo López, presidente deste colectivo, "A CEMMA naceu nun momento no que o movemento ecoloxista estaba bastante atomizado. AÃnda que habÃa diferentes persoas e colectivos a recoller datos de animais varados, a información estaba moi dispersa ao contrario do que acontecÃa con ámbitos coma as aves. Tentamos entón coordinarnos para rendibilizar ao máximo eses datos e poder realizar estudos máis completos sobre este ámbito". Deste xeito, e logo de dous anos de traballo, en 1992 legalizábase este colectivo con oitenta persoas e seis asociacións participando do proxecto, concretamente a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM), ERVA de Vigo e HABITAT da Coruña. Alén de mamÃferos mariños en si (diferentes especies de arroaces, baleas ou focas), a coordinadora investiga tamén as tartarugas mariñas que visitan as nosas costas.
Potencia mamÃfera
Segundo explica Alfredo López, presidente da Coordinadora para o Estudo de MamÃferos Mariños, "desde 1990 o número de varamentos vai aumentando". AÃnda que recoñece que boa parte deste incremento se debe á existencia do rexistro que leva a CEMMA desde aquela e á Rede de control que este colectivo impulsou a partir de 1995, non dubida que realmente está a aumentar o número de falecementos. "Cando comezou a CEMMA non sabÃamos a importancia deste tipo de especies en Galicia. SabÃamos que chegaba algún animal, mais agora temos que é unha das zonas do Sur de Europa con maior número de varamentos", sinala. "Isto reflicte tamén un grande número de animais nas costas, cunhas cifras de avistamentos que só superan as Illas Canarias ou Madeira. Do mesmo xeito pensábamos que as tartarugas só aparecÃan de cando en vez e agora descubrimos que as hai, e tamén focas e outros animais".
Responsables de baleas
O traballo incansable deste grupo fixo que a ConsellarÃa de Medio Ambiente asinase un convenio con eles para asistir e estudar os mamÃferos mariños no noso paÃs. Deste xeito, cada vez que se descobre un animal varado, ao chamar ao teléfono de emerxencias 112 para informar, membros da CEMMA se desprazan ao lugar para, no caso de estar o animal vivo, tentar recuperalo, e no caso de chegar xa falecido, tomar datos sobre o mesmo e determinar as causas da súa morte. "Este é un labor que a administración autonómica debe asumir ao ter competencias sobre fauna protexida. Ao non teren un grupo especializado asinaron este convenio polo cal temos a autorización para tratar estes animais e recibimos parte do financiamento para desenvolver o noso traballo", asegura López. "Temos unha unidade móbil que percorre toda Galicia para asistir onde se poida, é un todoterreo preparado con materiais para recoller datos e mostras". Canda a este convenio a CEMMA mantén contactos constantes con entidades coma o Instituto de Investigacións Mariñas ou a Facultade de Ciencias de Mar en Vigo, facultades de Veterinaria en Barcelona e Canarias, asà coma diferentes colectivos ambientalistas e dedicados aos cetáceos.
Curar
Unha das reclamacións nas que máis insiste a CEMMA desde a súa creación é na necesidade de que haxa un centro de recuperación para este tipo de animais en Galicia, xa que un dez por cento de todos os que acaban nas nosas costas chegan con vida, e destes ata a metade sobreviven se son tratados axeitadamente. "Levamos reclamando a posta en marcha deste centro desde hai anos. Mentres non existe, tentamos implicar empresas e institucións que sen ter que ver especificamente con ese traballo poden facer parte do labor. Nestes momentos, por exemplo, temos dúas focas a se tratar no acuario do Grove. Tamén colaboramos neste sentido co Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo”, destaca o presidente. Para desenvolver estas tarefas, desde o CEMMA buscaron tamén colaboración de centros hospitalarios. "De xeito puntual temos conseguido material médico que non se emprega para humanos porque está deteriorado ou non chega aos estándares de calidade exixida para persoas, e empregámolos nalgúns casos a nivel veterinario", explica López Trátase fundamentalmente de aparellos empregados para facer ecografÃas, endoscopias e outros diagnósticos.
Desde terra e desde mar
A Rede de Avistamentos de Cetáceos do CEMMA controla a través de cincuenta e catro puntos da costa que se visitan unha vez ao mes a cantidade de animais mariños que pasan polas nosas augas. Ademais, desenvolven saÃdas periódicas en barcos desde o Grove para vixiar estas poboacións directamente en alta mar. Estas navegacións están abertas a todos os interesados en participar, "ás veces ata hai lista de agarda, teñen aceptación, pero gustábanos que houbese máis xente ". Dun xeito semellante, organizan campamentos de verán, tamén no Grove, no que os participantes colaboran nos traballos habituais do colectivo e coñecen estas especies mariñas. A partir dos datos que se recollen destas esculcas, canda aos que saen dos animais varados (tanto vivos coma mortos), a Coordinadora desenvolve as súas investigacións. "Un dos principais intereses do CEMMA é que os resultados das súas investigacións teñan unha aplicación práctica", explica o web do colectivo. Moitos destes estudos foron publicados en diferentes revistas internacionais e na propia publicación da Coordinadora, "Eubalaena".
Xente e futuro
Ademais destes traballos, nos que se trata desde a incidencia da pesca na mortalidade destes animais ata os problemas que lles causa a contaminación, o colectivo desenvolve diferentes actividades divulgativas tanto en universidades como en escolas, organizando mesmo cursos especÃficos para investigadores. A pesar do aparente perfil cientÃfico do grupo, a CEMMA está aberta a todo o mundo. "É certo que hai moitos biólogos e veterinarios, mais iso é un pouco secundario. AÃnda que é interesante que os haxa, o traballo apréndese dentro", destaca López. De cara ao futuro, o colectivo traballa para conseguir unha embarcación propia coa que desenvolver as súas actividades, coa sensación de que nos últimos quince anos a situación mellorou un chisco a nivel de conciencia social, segundo explica o presidente. "Penso que si está mellor. Antes do 90 a xente contábanos que mataban golfiños e que se comÃan, e agora non se fai e é raro que aparezan animais agredidos. Por exemplo, sabemos que os mariñeiros lles teñen unha certa xenreira aos golfiños, pero nunca un mariñeiro nos negou recursos para atender este animais". De calquera xeito, o mar non deixa de precisar unha vixilancia coma a que eles fan.