Marilar Aleixandre, primeira muller que recibe o premio Xerais de Novela

Premios I

Esta fin de semana estivo cargada de premios literarios. Os Trasalba 2001, os Xerais de Novela, os Merlíns... e entre tanto caos destaca un. "A teoría do Caos" co que Marilar Aleixandre se convirte na primeira muller que gaña o Xerais de Novela. O fallo fíxose público en Viveiro, nunha gala á que asistiron 250 persoas e na que tamén houbo premios especiais para oito librerías galegas.

Laudes para Marilar



Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) ten xa un premio máis que engadir ó seu currículum. Esta madrileña chegou a Vigo no 1979 logo de percorrer diferentes puntos da península. Gustáronlle os aires de Vigo e ficou aquí ata o de agora. Adoptou o galego como primeira lingua e decidiuse a escribir, polo que ten numerosos galardóns (entre os que destaca o Premio da Crítica á creación literaria en Galego 1995, o Premio Merlín de literatura infantil 1994....). Agora acaba de facerse co Premio Xerais de Novela con "A teoría do caos", que foi presentada baixo o lema "Desparaíso". No transcurso do acto, que tivo lugar en Viveiro, tamén houbo premios especiais para oito librerías galegas (Couceiro de Santiago e A Coruña, Michelena de Pontevedra, Torga de Ourense, Lume de A Coruña, Cartabón de Vigo, Sargadelos de Ferrol e Porta da Vila de Viveiro.












Premio Merlín




Marilar Aleixandre gañou no 95 o premio Merlín, que curiosamente, tamén se fallou esta fin de semana. Entre as 32 obras presentadas a concurso, o xurado decantouse por "A merla de trapo" do ferrolano Antón Cortizas. Cortizas (Canido, 1954)ten publicadas ata o momento vinte obras dirxidas ó público infantil e xuvenil. Entre o seu haber destaca ter obitdo tres veces o Premio Barco de Vapor.






Ferrín e Trasalba 2001

Méndez Ferrín foi protagonista onte por partida doble. Por un lado porque recibíu o premio Trasalba 2001, no propio pazo, e por outro lado porque presentou un libro que recompila os seus artigos baixo o título "Co son honrado da fala". E o acto tivo tamén un aliciente engadido, que foi a presentacion dunha reedición de "Polos vieiros da saudade" de Otero pedrayo, publicada en 1952 pola Editorial Galaxia. Unha edción que foi preparada por Luis González Tosar, e Alfonso Vázque Monxardín.




A historia escríbese de noite



E o repaso polos premios literarios remata coa XIII edición do Premio de Novela Manuel García Barros. O galardón, convocado polo concello de A Estrada, dotado con millón e medio de pesetas recaeu no escritor ourensán Bieito Iglesias Araúxo polo seu libro "A historia escríbese de noite". O acto aproveitouse tamén para a presentación de "Fianchos" o último volume que recupera o legado de Ken Keirades.