Non hai no agro un animal que suscite máis historias, mitos e medos do que o lobo. Temido e respectado, este animal ten unha importancia destacada nos nosos ecosistemas. AÃnda que sen perigo inmediato no conxunto do territorio, a necesidade de conciliar a conservación e a actividade humana levou á Xunta a crear un Plan de Xestión do Lobo que marcará o futuro do animal no noso territorio.
O lobo está distribuÃdo aproximadamente polo 75% da superficie galega. Un total de sesenta e oito grupos reprodutores, segundo os datos da Xunta, sitúan a poboación final nunha cifra que oscila entre os 420 e os 620 exemplares. Vinte e tres destes sesenta e oito grupos concéntranse na provincia de Lugo, que é desde xeito a que presenta unha maior poboación. A pesar de que estes números revelan un incremento de cánidos ao longo dos últimos anos e fai que o noso paÃs conteña a quinta parte dos lobos da PenÃnsula, son varios os colectivos ecoloxistas que alertan sobre a situación dunha especie que nos últimos anos puido mesmo perder poboación.
Saúde con matices
Estes datos refÃrense ao primeiro censo sobre o lobo que se realiza no paÃs con vistas a garantir a súa viabilidade. Segundo a análise da Xunta que se presentou no Congreso Nacional do Medio Ambiente "as poboacións galegas de lobo ibérico manteñen un tamaño poboacional axeitado, unha distribución continua e sen indicios de fragmentación, e alén diso mantense a conexión co resto da poboación do norte peninsular, podemos afirmar que presenta un estado de conservación saudable e que non estamos a tratar cunha especie tecnicamente ameazada". No entanto, os colectivos ecoloxistas do paÃs matizan esta apreciación. "De xeito xeral, en Europa o lobo está aumentar" explica Xavier Vázquez Pumariño, vocal de biodiversidade da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), "porque moitos problemas que habÃa antes non os hai agora". Entre os factores que favorecen esta evolución está o abandono do monte, e o incremento de caza e da carroña. "En Galicia non temos datos significativos do que pode estar a pasar, este censo é unha foto fixa, mais precisamos coñecer a evolución". Desde ADEGA recoñecen que en xeral "supoñemos que no conxunto de Galicia a especie non está en perigo. Si está en regresión en zonas coma as RÃas Baixas ou a área de Ferrol, pero de calquera xeito hai que ver se está nas marxes de seguridade ou se hai unha expansión".
Un plan
Na súa xuntanza do pasado trinta e un de xaneiro, o Consello Galego de Medio Ambiente estudou a proposta do Plan de Xestión do Lobo en Galicia. Este ambicioso proxecto quere organizar a supervivencia deste animal e a súa convivencia co ser humano no noso paÃs durante os vindeiros dez anos. Segundo explica a propia ConsellarÃa "o plan recolle a necesidade de manter unha poboación viable e continua dos lobos, diminuÃndo ao mesmo tempo a conflitividade cos sectores sociais". A necesidade dun proxecto desta envergadura estaba entre as reclamacións dos grupos ecoloxistas desde hai anos. "Nós precisamente vimos reclamando desde hai anos un plan para o lobo", explica Xavier Vázquez Pumariño, "debe ter como obxectivo a conservación do lobo para evitar danos e conflitividade".
Xestión de danos
Precisamente para abordar os problemas sociais, a Xunta quere favorecer sistemas de prevención de ataques a gando salvaxe e reducir os conflitos cos diferentes sectores sociais afectados pola actividade desta especie. Hai xa dous anos, o Goberno Autonómico creou un sistema de compensacións a gandeiros por ataques, que supuxo o pasado ano cento sesenta e tres compensacións por máis de 41.300 euros. A Xunta propón agora implicar na solución destes problemas a entidades locais, gandeiros, cazadores e outras Administracións coa fin de diminuÃr a conflitividade que pode causar o lobo. "O plan de xestión orientarase a manter as poboacións nuns niveis axeitados que permitan asegurar un bo estado de conservación das mesmas e, ao tempo, controlar ditos niveis para evitar que se incremente o grado de conflitividade social", explicaba Mercedes Robles, unha das encargadas de elaborar o Plan de Xestión, no marco do seminario internacional "Convivindo co lobo", celebrado en 2003. Entre as propostas, está o seguimento dos danos e un control cinexético da especie, alén de vixiar a mortalidade non natural do lobo debida en boa medida atropelos e envelenamentos. Desde ADEGA consideran que o problema dos ataques do lobo ao gando "é unha cuestión moi complexa que se está a abordar de xeito deficiente", asegura Pumariño. "A avaliación destes ataques fana gardas forestais e gardas civÃs, e penso que debÃan estar feita por técnicos cualificados, xa que é difÃcil distinguir entre ataques de lobo e outros animais. Hai moitos máis cans silvestres do que a xente imaxina, sobre todo en zonas de caza". Alén diso, apunta que en ocasións apóñenselle ao lobo mortes de animais que en realidade pereceron por enfermidade e só foron aproveitados polos cánidos, logo de mortos.
Problemas
A pesar dos esforzos de concienciación social, o histórico rexeitamento que sofre este animal desde a sociedade tradicional continúa e dificulta en boa media a adopción de medidas de protección. Deste xeito, entre os perigos inmediatos aos que se está a enfrontar o lobo está un incremento dos velenos que se deixan no monte. "estamos a facer un seguimento en toda Galicia, e parecÃa que era algo que afectaba máis outras zonas de PenÃnsula, mais agora aquà estanse a implantar de xeito importante, sobre todo en Ourense e en Pontevedra" advirte o vocal de biodiversidade da organización ecoloxista. Outro serio problema para a especie é o illamento ao que se poden ver abocados os grupos de poboación. "Barállase a construción de grandes infraestruturas de comunicación, e falta aÃnda a primeira que teña medidas axeitadas para permitir o paso do lobo. Se a longo prazo se desenvolven todas, van quedar pequenas illas nas que nin o lobo nin outra fauna terán viabilidade no futuro. "Non coñecemos o plan en detalle porque os grupos ecoloxistas máis recoñecidos de Galicia, nin ADEGA nin a Federación Ecoloxista Galega, estamos no Consello Galego do Medio Ambiente". A aprobación do plan, aÃnda pendente, revelará o alcance das medidas que afectan a este animal e se realmente se consigue integrar, aos poucos, a supervivencia desta lenda vivinte que é o lobo.