Cento vintecinco anos despois de que Ramón Cabanillas nacese no pazo de Fefiñáns de Cambados a súa figura recupérase nesa vila co congreso que co seu nome comeza hoxe. Algúns dos persoeiros máis importantes do mundo da cultura que analizarán desde diferentes perspectiva a figura de quen foi considerado "poeta da raza".
O congreso
Os actos comezaron ás dez e media da mañá coa intervención de Francisco Fernández Rei sobre "Ramón Cabanillas e a arela dunha lingua nacional". Pouco despois terá lugar o relatorio de Carlos R. Bernárdez sobre a presencia da saudade na obra do poeta homenaxado. Cara ás doce e cuarto da mañá Carlos Casares, presidente do Consello da Cultura Galega disertará sobre "Os poetas que foron" para deixar paso a Manuel Fraga, presidente da Xunta. Pola tarde Manuel F. Vieites analizará a obra dramática de Cabanillas. Logo del falarán Xavier Carro e Raimundo GarcÃa "Borobó", para rematar a xornada cunha mesa redonda entre Isabel Rey, Marcelino de Santiago “Kukas” e Xan Cejudo. Para mañá están previstas as intervencións de Andrés Pociña, Xosé Ramón Pena, Xosé MarÃa Dobarro e Xosé Manuel Salgado, que aboradarán diferentes aspectos da obra do poeta.
O poeta
Cabanillas comezou a súa carreira poética coa publicación de "No desterro" en 1913. Pouco anos despois "Vento mareiro" confÃrmao coma unha das principais voces lÃricas da poesÃa do seu tempo. No 17 publica "Da terra asoballada" un poemario reivindicativo que reflicte o ideario agrarista e galeguista da época. Entrou na Real Academia Galega en 1920, e nove anos despois entrou na Real Academia Española como representante do noso idioma. En 1926 saÃu do prelo "Na noite estrelecida", unha recreación do mito artúrico que se convertiu nun dos seus poemario máis celebrados. Outro libro seu "AntÃfona da cantiga", abriu a andadura da Editorial Galaxia.