Semana de lembranzas. Continúan en Pontevedra os actos en homenaxe a Amado Carballo con ocasión do centenario do seu nacemento, nesta ocasión con dous recitais poéticos. Pola súa banda, o Museo Histórico de Sargadelos inaugura hoxe unha mostra de pezas literarias e deseños de Ángel Johán, que tamén cumpriría cen anos nestas datas. Para rematar, onte presentouse en Compostela unb poemario inédito dun dos nosos escritores máis esquecidos, Ernesto Guerra da Cal.
Proel
Luis Amado Carballo será homenaxeado unha vez máis en pontevedra con senllos recitais poéticos que se celebrarán esta noite e mañá. Ás oito desta tarde o Pazo de Mugartegui acollerá o recital "5 poetas/5 literaturas", no que estarán representadas todas as linguas da península ibérica. Para as dez da noite de mañá, e como grande peche destas xornadas, o Tratro Principal acollerá un espectáculo no que se reunirán o recitado de poemas, a música e outras formas de expresión artísticas. Poetas e escritores da talla da Manuel Rivas, Antón Reixa, Antón Lopo, Xabier Queipo ou Cristal Méndez recitarán diferentes poemas en homenaxe ó seu colega pontevedrés.
Ángel Johan
Outro dos personaxes que se homenaxean estes días é Ángel Johan, escritor e poeta nacido en Lugo en 1901. O Museo Histórico de Sargadelos acolle ata o trinta de xuño unha mostra na que se poden ver pezas literarias e deseños realizados durante a súa estancia na cadea das Palmas entre 1937 e 1941. Ángel Johan emigrou a Canarias en 1929 e aló relacionouse cos artistas de vangarda daquel entón. Represaliado polo réxime franquista, ó saír da cadea publicou varios cadernos con poemas e debuxos. En 1948 retornou a Lugo, onde continuou a súa producción artística e creou a colección de poesía Xistral. Morreu ós sesenta e catro anos dun cancro de gorxa.
Guerra da Cal
A librería Couceiro de Compostela acolleu onte a presentación de "Caracol ao Pôr-do-sol", poemario inédito do ferrolán Ernesto Guerra da Cal. O libro recolle poemas realizados entre os anos cincuenta e 1994, ano da súa morte, e escritos en lugares coma Nova York, Londres, Porto e México. Carlos Quiroga e Xoel Gómez, estudiosos da figura do poeta, coincidiron en situar a Guerra da Cal coma "un dos máximos representantes da literatura galega e portuguesa no estranxeiro, malia que aquí a súa figura sexa moi pouco valorada". Segundo eles, o poeta foi pioneiro no seu xeito de tratar explicitamente a sexualidade, así como en levar a poesía galega a Estados Unidos, Inglaterra ou Porto Rico. Guerra da Cal desenvolveu a maior parte da súa obra en portugal e empregando a grafía portuguesa, aínda que sempre reivindicou que a súa poesía era galegoportuguesa.