Descúbrese un entremés teatral galego do século XVI

Entremés para abrir boca

A canle "Estudios Galegos" de Vieiros presentou onte en exclusiva a noticia da descuberta dun entremés en galego inédito. Esta obra de teatro, datada no século XVI, foi descuberta polo profesor Antonio Cortijo Ocaña, da Universidade de California Santa Bárbara no medio doutra obra en español. Esta obra é un documento revelador sobre o emprego do galego no comezo dos Séculos Escuros.

Entre manuscritos poirentos


O profesor Cortijo localizaou a obra inédita cando realizaba a catalogación e estudio das obras medievais e renacentistas da Fernán Núñez Collection da Biblioteca Bancroft da Universidade de California. Máis concretemente, o entremés estaba inserido na obra teatral en español "Comedia de la invención de la sortija". Este volume manuscrito que contén a comedia que se representou con ocasión da visita do arzebispo don Rodrigo de Castro a Monforte de Lemos en 1593.















A historia



Segundo sinala o profesor Cortijo no artigo que publica en Vieiros, a "Comedia de la invención de la sortija", escrita por un autor galego descoñecido, é lunha comedia cortesán en dous actos que se corresponden ás dúas partes dunha festa. Ó longo da obra van aparecendo representantes das distintas provincias e cidades galegas que presentan as súas ofrendas, emblemas e invencións. Na primeira parte insírese este entremés, no que diferenes personaxes populares galegos e que se expresan en galego tentan participar no xogo de "correr la sortija", aínda que rematan sendo burlados.









A edición


O profesor Cortijo xa anunciou a súa intención de prepara unha edición comentada da comedia sinalando as súas circunstancias de representacións e analizando as súas cualidades dramáticas. Polo de agora pódese ler na canle "Estudios Galegos" de Vieiros o texto completo do entremés.