A utopía dunha lingua universal válida en todo o mundo foi acariñada por numerosas persoas ao longo do tempo. O esperanto é o idioma artificial máis popularizado que hoxe falan dous millóns de persoas. En Galicia, cen anos despois de que se notifica a existencia de colectivos na súa defensa, os esperantistas son case unha especie en extinción. Hoxe en día todo o fulgor deste idioma universal redúcese a unha única persoa que compón, dirixe e integra o grupo vigués Paz e amor (Paco Kaj Amo en esperanto).
Conta Pío Moa Banga que a única noticia que teño de que en Galicia funcione unha asociación esperantista é a do grupo Paz e amor. Unha sociedade legalmente constituída dentro da Federación Española de Esperanto e que conta cun único socio. Precisamente o propio Pío Moa Banga que por cuestións de efectivos, o seu gran mérito é, como el di, o de sobrevivir día a día.
A pervivencia do esperanto, ese idioma universal construido de xeito artificial para comprendérmonos todos, é desigual. Xa non só en Galicia, senón tamén en todo o mundo. Segundo Pío Moa Hai países nos que está a medrar moito, en China; Xapón e Brasil está a aumentar o número de países que estudan o esperanto. Todo o contrario do que acontece nos países que foron comunistas nos que só estudian inglés. De feito, moitos esperantistas cesaron no seu traballo diario de estudo dun teórico idioma universal, para pasar a estudar o inglés, que segundo Pio Moa é o inimigo natural do esperanto.
En canto ás razóns, o esperantista vigués argüe que é un círculo vicioso, por un lado uns din que non estudian o esperanto porque non é unha linguaxe recoñecida de ningún país e ningún país a recoñece como tal porque non ten ningunha difusión. A pescada que morde a cola.
Os inicios
Desde 1905 constátase a existencia de asociacións dedicadas a cultivar e fomentar o esperanto. Foi nese ano cando a Reunión recreativa e Instructiva de Artesás, con sede na Coruña iniciou o ensino do esperanto aos mais de 70 alumnos inscritos. Pascual Perea, Juan Durán Loriga e Manuel Monteagudo formaban parte da directiva dunha sociedade que foi a máis importante da súa época. Ao seu carón naceron os grupos esperantistas de Betanzos (con Camilo Cela Fernández), as de Santiago (Xesús e Benigno Carro), en Mondoñedo (Leiras Pulpeiro) e en Vilalba (con Antonio García Hermida). Un ano despois creouse outro grupo en Foz que nomeou secretario a Antón Vilar Ponte e como vocais a Antonio Noriega Varela e Constantino Vázquez.
Ningunha destas asociacións desenvolveu un congreso esperantista de ámbito galego, aínda que sí acolleron tres edicións dos congresos estatais. O primeiro foi en Pontevedra en 1960 (era o 21 segundo a numeración dos congresos estatais), o segundo en Vigo en xullo de 1970 e seis anos despois, en 1976 Ferrol acolleu o último dos congresos celebrados. Non é casual que fosen Vigo e Ferrol, porque son as cidades que mantiveron grupos esperantistas ata practicamente a a ctualidade. En Vigo co grupo que hoxe integra en solitario Pio Mora, pero que nos no setenta contou cunha nómina bastante ampla de socios. E Ánxela Méndez foi a encargada de manter a utopía do esperanto na comarca ferrolá.
Esperanto e galeguismo
Antón Vilar Ponte, Noriega Varela, Leiras Pulpeiro ou o propio Gómez Román son algúns dos nomes vencellados ao galeguismo que compartiron actividade dentro do Esperanto. Segundo destaca a Enciclopedia Galega todas estas personalidades desenvolveron a súa actividade esperantista ata 1910, data na que a maior parte deles comezaba a dar os seus primeiros pasos sobre o galeguismo. Todas as historias sobre o esperanto en Galicia deixaron entrever certas tiranteces entre galeguistas e esperantistas. Aínda así hai quen apunta a que o movemento esperantista se nutría de anarquistas, sectores radicais e progresistas cos que o galeguismo histórico non se entendeu ben, aínda que máis tarde o traballo de Alonso Núñez, Xulio Bueno deron en encontrar ambas posturas.
As traducións
Segundo figura na base de datos que elaborou a Sección de Cultura Galega no exterior do Consello da Cultura Galega, hai tres textos cuxa lingua orixinal é o galego que foron traducidos ao esperanto. De Castelao está traducido Retrincos (Viveroj en esperanto), de Manuel Curros Enríquez A Rosalía (Al Rosalía de Castro) e Canzón de cuna para Rosalía Castro, morta (Lulkanto por Rosalía Castro, mortinta) de Federico García Lorca. Os dous últimos textos pertencen ao volume Manuel Curros Enríquez e Federico García Lorca cantan en vinte linguas a Rosalía de Castro que coordinou Xesús Alonso Montero e que foi editado polo Patronato da Fundación Rosalía de Castro.
Nestes cen anos que se documentan sobre o esperanto en Galicia houbo dúas figuras destacadas, que contribuíron á abondosa bibliografía sobre o tema. Son por unha banda o filólogo Antonio Alonso en Santiago e pola outra, Manuel Monteagudo, que desennvolveu a súa actividade na Coruña. As puntas do iceberg dun movemento cuxo testemuño recolle Pio Moa Barga na única sociedade que figura no anuario que anualmente edita a Federación Española de Esperanto.