Cada vez son máis os lugares onde se poden adquirir produtos de comercio xusto. O consumo que prima unha compensación xusta para os produtores de paÃses en vÃas de desenvolvemento vaise implantando cada vez máis en Galicia a través de tendas xestionadas por ONGs e asociacións. Nestas datas a proposta preséntase como unha alternativa seria para os agasallos, e no resto do ano permite acceder a produtos de calidade e eticamente responsábeis.
En boa parte das cidades galegas abren desde hai anos polo Nadal establecementos montados por organizacións solidarias que ofertan, entre outros, produtos elaborados en paÃses en vÃas de desenvolvemento que lles garanten aos produtores unha compensación xusta polo seu traballo asà como unhas condicións laborais dignas e respectuosas co medio. AÃnda que este tipo de locais mantéñense en boa parte do paÃs, nos últimos dez anos foron nacendo en diferentes cidades unha serie de establecementos que, con maior ou menor éxito comercial, permiten acceder todo o ano a estas mercadorÃas. Estas tendas, alén diso, ampliaron o abano de produtos deste tipo, desvinculando o seu consumo do agasallo e incorporándoo á vida cotiá. Na actualidade, alén de artesanÃa de todo tipo, pódese encontrar nestes centros unha ampla variedade para o consumo, desde café ou chocolate de alta calidade ata roupa, refrescos ou bebidas alcohólicas alternativas.
Crecemento numérico
O primeiro espacio permanente deste tipo que se creou no paÃs foi A Cova da Terra en Lugo, unha tenda que o pasado once de decembro facÃa nove anos en marcha. Poucos meses máis tarde, Compostela vÃa o nacemento de Panxea, unha iniciativa semellante que tamén se mantén na actualidade. Segundo explica LucÃa Leal, unha das responsábeis da tenda lucense, o proxecto non fixo máis do que medrar neste tempo. "Estamos moi satisfeitos en canto á implantación da tenda, temos a sensación de que seguimos medrando". O crecemento do sector reflÃctese tamén na apertura en 2000 da tenda A FactorÃa do Sur, en Pontevedra, a cargo da ONG Amarante. No entanto, a verdadeira explosión rexistrouse neste 2004. A posta en marcha dunha tenda da ONG Solidariedade Internacional en Ourense, o nacemento do Centro de Recursos e Iniciativas Solidarias (Crisol) en Vigo e a apertura dun novo local de Amarante en Compostela, onda a creación dun punto estable de venda en Melide dan unha idea do auxe que está a experimentar este tipo de consumo. Para alén destas, o establecemento que Intermon-Oxfam posúe na Coruña e diversos puntos en venda en locais de asociacións, institutos e locais sociais completan o mapa do comercio da xustiza no paÃs. "A evolución é positiva, aÃnda que hai matices. Existe unha maior conciencia e mais volume de vendas, mais segue a ser un sector que moitas veces aÃnda non é sostible", apunta Xoán Hermida, director de Amarante. Como exemplo, unha das tendas pioneiras que abrÃa en Vigo hai aproximadamente unha década viuse obrigada a fechar ante as dificultades de auto sosterse. Na actualidade, 150.000 euros anuais flúen na nosa comunidade a través deste sector, o que supón unicamente o dous por cento do total estatal, segundo os datos dos comerciantes.
Máis calidade
Alén do incremento numérico, o sector evolúe tamén cualitativamente, e deste xeito nos últimos anos foron varias as tendas que trasladaron o seu negocio a novos locais. "Isto supuxo un salto non só en espazo senón tamén en calidade do servizo e en número de clientes", explica LucÃa desde A Cova da Terra, que se mudou hai un ano, ao igual que Panxea, en Compostela. Seguindo a tendencia que marcou en Pontevedra a tenda A factorÃa do Sur hai dous anos, tanto en Lugo como en Pontevedra ou en Vigo, as tendas dispoñen dun espazo para exposicións, xuntanzas ou xornadas do que poden dispor todos os colectivos que o precisen. Alén diso, tanto a Cova da Terra como a FactorÃa do Sur e Crisol posúen centros de documentación abertos o público sobre comercio xusto e solidariedade. No caso lucense dispoñen tamén de librarÃa e de papelarÃa, venden de produtos agroecolóxicos, teñen unha parte dedicada á roupa e aos libros de segunda man e mesmo abriron unha cafetarÃa, na que todos os produtos son ecolóxicos e de comercio xusto. "Non temos, por exemplo Coca-Cola", no canto desta bebida ofertan guaranito, un refresco feito a base de guaraná que está a ter un grande éxito "mesmo hai dous pubs na cidade que se animaron a incluÃlo nas súas cartas e está a lles funcionar moi ben".
Rendemento solidario
AÃnda que no Estado existen casos de tendas de comercio xusto creadas directamente coma negocio, a maior parte destes establecementos (en Galicia a totalidade), xorden da iniciativa de asociacións. "É por unha cuestión económica, os prezos xa veñen marcados e cunhas marxes de beneficios moi pequenas xa que están pensadas para favorecer sobre todo ao produtor", explica LucÃa. "entón nunca é algo do que tires moito beneficio". Xoan Hermida, responsable de Amarante apunta que "pola nosa experiencia é sustentable. Seguramente se non houbese o proxecto dunha ONG detrás non serÃa posible", recoñece. Como moito permite soster o proxecto e ter contratado o persoal. "Pensamos que alén de cos produtores do Sur, hai que estar tamén cos traballadores do Norte, apostamos tamén por xerar emprego", aÃnda que haxa traballo de apoio por parte dos membros das asociacións, sinala Hermida.
O consumidor
Segundo explica LucÃa Leal desde A cova da Terra, o visitante habitual destas tendas "é un consumidor moi consciente e moi comprometido, algo que nos produce moito orgullo. Nestes nove anos vemos como mudaron certos criterios e condutas, a xente quere información e busca un produto concreto". Deste xeito cúmprese un dos obxectivos destes locais. "Pensamos que as tendas deben ser tamén puntos de información", explica Xoan Hermida. Evidentemente os compradores non chegan concienciados aos establecementos "Cando unha persoa chega entra por probar un café ou un chocolate que está moi bo, e se continúa como cliente pasará a valorar todo o contido ético e social que hai detrás", sinala LucÃa.
Rede e futuro
No 2001 a Cova da Terra, A Factoria do Sur, Intermón e Panxea creaban a Rede de Tendas de Comercio Xusto de Galicia, coa intención de favorecer o desenvolvemento do sector e coordinar estas actividades. A apertura de novos establecementos que se produciu nos últimos meses vai supor unha revitalización desta rede e posiblemente unha multiplicación das actividades que as organizacións que promoven estas tendas. Alén diso, Solidariedade Internacional anuncia a apertura dun novo estabelecemento en Pontevedra, e Amarante agarda unha vindeira asemblea xeral para planificar novos proxectos de expansión. As opcións que barallan é continuar expandÃndose en solitario ou colaborar con outras organizacións como xa fixeron con Implicados no Desenvolvemento para crear o centro Crisol. O espazo para crecer é aÃnda moi amplo.