Atopan unha carta de Anxel Casal e dúas polacas fan unha tese sobre Torrente

Inéditas

O que fora director da Editorial Nós, Ánxel Casal, envioulle unha carta ó seu curmán o 17 de novembro de 1931. Unha misiva que se acaba de presentar en Arzúa e que amosa a carácter humanitario de Casal. Por outra banda, en Vigo, dúas polacas, Magdalena Syachalska y Dorota Galicka, preparan unha tese sobre a Galicia "máxica" de Torrente Ballester.


Cartas inéditas



"Si vos animades-ti a enseñarlle i-él a aprender- mandareirvos un libro de leitura. Outros máis vellos que él deprenderon i-él non ten porque quedar sin saber unha cousa que tanto val". Este é un dos parágrafos que se poden ler na carta inédita de Ánxel Casal que se acaba de atopar en Arzúa e que deu a coñecer a Asociación Ánxel Casal. O que fora director da Editorial Nós estaba destinada ó seu curmán Xaquín, e referíase a posiblidade de que o seu tío Manuel aprendese a ler. Un feito que revela o lado máis humano de Casal. Na mesma carta, dalle recomendacións á súa tía Manuela para que as "nenas vaian á escola en vez de iren cas vacas". A carta é propiedade de José Castro, un veciño de Arzúa que tiña sete anos cando Ánxel Casal foi apresado polos falanxistas en Vilantime (Arzúa) logo do alzamento do 36.













Máis traballos sobre Torrente



Só hai unha obra de Torrente Ballester traducida ó polaco, "Los gozos y las sombras". Sen embargo non é a obra que servíu de inspiración para as tesiñas de Magdalena Syachalska e Dorota Galickia, que se desplazaron desde Poznan (en Polonia) ata Vigo seducidas pola Galicia "máxica" de Torrente Ballester. Cada unha inspirouse en obras diferentes do creador galego. Por unha banda Magdalena analizará a presencia da cultura galega a través de "Farruco el desventurado" e "Farruquiño". Pola outra, Dorota adicarase durante a súa estadía en Vigo a analizar o uso do tempo e do espacio en "La isla de los jacintos cortados". Durante o tempo de traballo, as dúas filólogas polacas contarán coa axuda de Carmen Becerra, unha experta na obra de Torrente. As dúas mulleres chegan a Galicia logo de que un profesor seu, Wojtek Charchalis, as introducise no universo recreado por Torrente Ballester. Charchalis elaborou a súa tese de doutoramento sobre o autor galego.









Estudiar linguas en Polonia

A universidade de Poznan é a única universidade polaca que conta cun departamento de Estudios Ibéricos. De feito, ademais do español impártense tamén o ensino de linguas como o portugués, o catalán e o euskera (que ten máis alumnos que outras linguas do estado).