O Xaquín Lorenzo máis personal, máis íntimo pódese apreciar nesta colección de fotografías procedentes do arquivo de Tomás Vega, quen tamén as positivou. Xocas, o galardonado etnógrafo que mereceu o Día das Letras Galegas neste ano 2004, xoga nesta colección de imaxes coas sombras, as formas, as caras. Retrata aos seus familiares, aos labregos, as arquitecturas do rural, as copas, os banquetes e as cabichas. Percorre os xogos visuais de Xocas nesta galería fotográfica especial con 54 imaxes.
A fotografía foi para Xaquín Lorenzo Xocas sobre todo un instrumento de traballo, una ferramenta que lle permitía documentar e ilustrar os seus estudos de antropoloxía ou etnografía. Sen embargo, no medio desa faceta estrictamente científica, foron agromando fotografías máis persoais, retratos, bodegóns e paisaxes nos que a beleza e a creatividade guiaban ao autor.
No outono de 1986, aínda en vida don Xaquín, celebrouse a exposición Galicia a través dun obxectivo, na que se amosaban as transformacións nos modos de vida en Galicia a través das fotografías documentais de Xocas. Desde entón, quedou pendente facer unha mostra coa súa obra máis intimista. A dedicación do Día das Letras Galegas 2004 a Xaquín Lorenzo deulle ao Consello da Cultura Galega a oportunidade de saldar esta débeda, organizando unha exposición itinerante con preto de medio centenar de imaxes do autor, estampas da vida do don Xaquín máis humano: retratos do seu tío, unha nevada en Facós, a partida de xadrez co médico de Lobeira, etc.
Tamén podes descargar o catálogo da exposición en PDF.

Xaquín Lorenzo, o fotógrafo
As carabelas de Colón (II)