Periodicamente chegan aos medios noticias sobre a destrución dunha zona húmida ou da necesidade de recuperar un destes ricos e delicados ecosistemas. Esta mesma semana, a ConsellarÃa de Medio Ambiente daba a coñecer a situación do Plan de Recuperación de Humidais, co que a Xunta pretende recuperar tres dos máis importantes espazos deste tipo que existen en Galicia. Porén, desde colectivos ecoloxistas critÃcase o xeito de abordar estes proxectos de recuperación.
A antiga lagoa de Antela, na Limia, o complexo húmido da Terra Cha, formado polas lagoas de Caque, Xermar, Begonte e Cospeito e as Gándaras de Budiño, en Porriño son tres dos máis importantes complexos húmidos que se conservan en Galicia na actualidade. Isto a pesar de que tanto Antela coma a Terra Cha sufriron cadanseu proxecto de desecamento para secadas para conseguir terras de cultivo. No caso das Gándaras de Budiño, a súa superficie minguou moito durante as últimas décadas pola instalación e crecemento dun parque industrial nas súas proximidades. Rogelio Fernández, Subdirector de Conservación de Espazos Naturais da ConsellarÃa de Medio Ambiente explica que a elección destes lugares para aplicar o plan "Hai un criterio de oportunidade no sentido de que se pode levar adiante unha restauración nestas zonas e despois tense en que son singulares no conxunto de humidais galegos". Fernández Recoñece que as actuacións da consellarÃa fanse tamén "a consecuencia de que o estado de conservación está nunhas condicións mellorábeis en aspectos coma a inundabilidade".
Os traballos
Deste xeito, as intervencións que se están a realizar en Cospeito teñen como fin, segundo a consellarÃa, "conseguir un nivel de auga axeitado no verán, axeitar a natureza do terreo para que se poida reproducir a flora da prelagoa e mellorar o hábitat existente". Entre as actuacións previstas nesta zona está a instalación de presas que incrementen o nivel de auga durante os meses de verán. "A intención final é conseguir un maior hábitat útil", explica Fernández. Pola súa banda, a intervención no espazo que antigamente ocupaba a lagoa de Antela "ten a súa orixe en acordos coas empresas que fan as explotacións de áridos", recoñece o subdirector de conservación. As escavacións que realizan estas empresas crean pozas sobre as que se aplican "unha serie de medidas para facilitar a implantación de especies vexetais e da vida animal, coma noiros que permiten o acceso á auga ou illas". Finalmente, no caso das Gándaras de Budiño, está en marcha un proxecto de recuperación no que a Xunta colabora coa Confederación Hidrográfica do Norte. A pesar de que os traballos aÃnda non comezaron, o plan prevé dragar as lagoas e incrementar o seu nivel de auga coa intención final de que medre superficie asolagada. Ademais prevese tamén a restauración das turbeiras existentes na zona e crear lagoas artificiais que actúen depurando as augas que proceden das canteiras da zona.
Os problemas do caudal
Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Xavier Vázquez Pumariño, vocal de biodiversidade do colectivo, apunta a enorme importancia que teñen estes espazos pola grande variedade de especies que albergan nunha escasa extensión. No entanto, salienta que o estado destes espazos no noso paÃs "é dunha degradación constante desde hai dúas décadas con pequenas faÃscas de esperanza". Neste sentido o colectivo ecoloxista non se amosa de acordo co xeito en que a Xunta aborda a recuperación destes espazos. En xeral, segundo Pumariño, "a recuperación que fai a Xunta consiste en facer un furado, e iso non é restaurar unha zona húmida, é crear outra nova". Neste sentido apunta a importancia de manter os ciclos de auga naturais destas extensións, que acostuman secar no verán, e salienta que en actuacións xa realizadas nas lagoas da Terra Cha creouse un caudal estábel todo o ano que provocou modificacións no hábitat. "Estase a facer un seguimento das aves en Cospeito e acontece que o número neto de aves incrementouse con especies oportunistas, fundamentalmente os lavancos (ánade real) ou os demos negros (fochas)" que son especies que non teñen problemas de calidade do seu hábitat, pola contra "especies máis ameazadas sobre as que hai unha responsabilidade real de conservación e son máis esixentes co seu contorno, coma o mazarico real ou a avefrÃa".
Reasignación de recursos
Sobre esta cuestión desde a Xunta recoñecen que "é verdade que a modificación dun hábitat poderÃa dar lugar a mudanzas de especies. Se facemos unha presa e inundamos determinados hábitats riparios, modificamos a composición do conxunto local e é probábel que se faga una nova reasignación de recursos e que muden as especies", apunta Fernández. En canto á necesidade manter os fluxos naturais de auga nas zonas húmidas, o subdirector de conservación amósase de acordo en que "a conservación hai que facela non só coas especies senón tamén cos procesos" xa que "estes son vitais e permiten controlar como se fai esa reasignación", mais apunta que debe lembrarse que en ocasións as mudanzas de caudal débense tamén a actuacións humanas.
Outros problemas
Acerca dos outros plans de recuperación, desde ADEGA destacase que o grande volume de auga que acumulan as explotacións areeiras "contribúen a baleirar os acuÃferos das comarcas onde se sitúan" e que as medidas que se adoptan non se poden considerar unha recuperación ambiental real. No entanto, sobre o proxecto que se quere desenvolver nas Gándaras de Budiño, Pumariño apunta que "hai un estudo que xa se presentara o ano pasado e que están a levar entre dúas empresas" as cales contan ao parecer deste colectivo coa solvencia e a cualificación técnica axeitadas para este proxecto.
O futuro
"Agora estamos inmersos nunha fase realmente interesante en Galicia que é a planificación ambiental dos espazos protexidos, entre os que están esas zonas húmidas", apunta Rogelio Fernández, "hai que elaborar os instrumentos de xestión destas áreas", o que condicionará en boa medida como se desenvolven estas lagoas. Desde ADEGA reclaman a adopción dunha nova polÃtica neste sentido, apuntando que é posÃbel rexenerar zonas deste tipo cun menor investimento económico como está a facer a Fundación Global Nature coa lagoa de Louro.