Ancoradoiro de Xosé María Álvarez Cáccamo, que recolle a obra poética do autor entre 1983 e 2003, ven de ser recoñecido como o mellor libro publicado no ano 2003 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. As votacións dos máis de douscentos corenta socios para escoller a obra gañadora levaron ao libro de Cáccamo a competir como finalista coas obras (Cito) de Emma Couceiro, Por conto alleo de Camilo Franco, Casa última de Xulio López Valcárcel, Fálame de Antón Lopo, A construcción nacional no discurso de Otero Pedrayo de Carme F. Pérez-San Julián, A esfinxe de amaranto de Antón Riveiro Coello, Traxectorias de Vítor Vaqueiro e Mar de bronce de Xosé Vázquez Pintor. A maioría dos votos foi para á obra de Cáccamo editada por Espiral Maior e o Premio AELG 2004, materializado nunha pluma estilográfica gravada, se lle concederá ao poeta vigués no marco da Cea das Letras que terá lugar no restaurante compostelán A Espeteira este venres 15 de outubro.
Ficha da obra e crítica Ancoradoiro
Máis información na AELG