Carballiño e Porriño lideran unha iniciativa para crear una ruta a través das obras do arquitecto Palacios

Poña un Palacios na súa ruta

Antes de que conclúa o ano, oito concellos de Galicia pretenden ter creada unha mancomunidade para a explotación turística e cultural dun camiño que ten como fío común as obras creadas por Antonio Palacios (1874-1945). Unha ruta que serve de paseo pola arquitectura monumentalista dun dos arquitectos galegos de maior proxección.

"Baiona, Nigrán, Salvaterra, Vigo, Mondariz-Balneario, Celanova, Porriño e O Carballiño estamos tentando crear unha especie de mancomunidade entre os concellos galegos que teñen unha obra arquitectónica do arquitecto Palacios para tratar de explotar turística e culturalmente unha ruta entre estes oito concellos". Deste xeito o tenente-alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, explica unha iniciativa que xa se fraguou hai uns meses e que espera ter un proxecto firme a final de ano. "De momento, explica só mantivemos unha xuntanza na que houbo propostas concretas por cada un dos concellos e que se concretarán nunha segunda xuntanza no mes de outubro". A partir de aí, as entidades implicadas redactarán un informe definitivo que se presentará a institucións públicas e privadas co obxectivo de buscar financiamento.

Non é a primeira vez que algún destes concellos pretende explotar o legado deixado por Antonio Palacios dun xeito cultural e turístico. A diferenza é que agora xorde un interese común entre os concellos en aliarse e que da en pensar que o proxecto será definitivo. Para Carlos Montes "a iniciativa xa é vella entre o Carballiño e Porriño e agora parece que se lle está a dar un pouco de forma. E implica un maior beneficio para todos por iso chegará a bo termo"

¿Pero que é unha ruta Palacios?
Segundo o tenente-alcalde de O Carballiño a ruta implica "algo de todo en tema de promoción, ter en cada un dos monumentos e obras algún guía expositivo, tamén hai a idea de crear unha exposición itinerante entre todos os concellos, pero todos estes proxectos están sen concretar". En todo caso, o obxectivo é aproveitar que cada un dos concellos ten unha obra proxectada e realizada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios e agora hai que darlle viabilidade a este feito ben mediante trípticos, carteis e guías.

Formarán parte deste camiño cultural e turístico edificios como a igrexa da Veracruz en O Carballiño, o edificio do Concello de Porriño, o Teatro García Barbón de Vigo, o Gran Hotel do Balnerario de Mondariz ou a Igrexa da Virxe da Rocha en Baiona. Quedan fóra desta alianza algúns concellos como Vilagarcía ou Santiago que tamén tiveron relación co arquitecto Palacios.

Un Palacios moi prolífico
Antonio Palacios naceu no Porriño aínda que desenvolveu a maior parte da súa obra en Madrid, cidade á que estivo moi ligado desde que marchou con 17 anos a estudar Enxeñería. Foi esta unha titulación que abandonou moi cedo para dedicarse de cheo á arquitectura. Por iso a capital do Estado é a cidade na que ten un maior número de obras, algunhas tan coñecidas coma o Palacio de Telecomunicacións.

Estes dous aspectos da súa bibliografía marcarían fondamente a súa obra creativa. En primeiro lugar, porque o contorno da súa nenez, as canteiras graníticas de pedra gris e rosada dos lugares de Atios e Budiño, as catedrais-fortalezas entre Portugal e Galicia, os castelos e os pazos, os contornos axardinados e o urbanismo do barroco marcaría o estilo do que sería un arquitecto expresionista e monumentalista. Por outro lado, á súa obra urbanística e arquitectónica tamén soubo aplicar as nocións aprendidas do seus estudos de Enxeñería. Pero houbo máis aspectos da biografía de Palacios que condicionaron o seu estilo facilmente identificábel, ter sido alumno dunha Escola de Arquitectura de Madrid cunha nómina de profesores moi interesados en impartir os cánones historicistas, o eclecticismo, preocupación pola ornamentación e pola composición formal. Foi así como configurou un estilo doadamente recoñecíbel que deixou unha cincuentena de obras feitas (das que se contabilizan uns seis derrubados) e os bocetos duns corenta proxectos.

Aínda que en Madrid é onde se conserva o maior número de obras baixo o selo Palacios, non deixou de traballar aqui. Ademais das obras que forman parte da ruta Palacios, o arquitecto porriñés deseñou os plans urbanísticos de Vigo e Vilagarcía, dous proxectos dos que hai maquetas pero que non chegaron a fraguarse.

Colosalismo, virtuosismo, ornamentación, simbolismo, potenciación dos materiais, estudo do contorno urbanístico, son algúns dos adxectivos da súa obra e, de paso, características propias para grandes obras con certo prestixio económico, promovidas por grandes institucións, bancos e concellos, que foron na maior parte das ocasións, os promotores dos seus traballos.

Galería: A obra de Antonio Palacios

Galería: A obra de Antonio Palacios

Vista da maqueta do Proxecto de Ensanche e Reforma Interior de Vigo (Arquivo Municipal). Fotos do catálogo "Arquitecto Antonio Palacios (1874-1945)" editado pola Xunta de Galicia.

Galería: A obra de Antonio Palacios

Galería: A obra de Antonio Palacios

Vista frontal do Palacio de Comunicacións (Madrid) Fotos do catálogo "Arquitecto Antonio Palacios (1874-1945)" editado pola Xunta de Galicia.

Galería: A obra de Antonio Palacios

Galería: A obra de Antonio Palacios

Casa Palazuelo. Rúa Alcalá. Madrid. 1908. Fotos do catálogo "Arquitecto Antonio Palacios (1874-1945)" editado pola Xunta de Galicia.

Galería: A obra de Antonio Palacios

Galería: A obra de Antonio Palacios

Pavillón da Fonte e Planta de Embotellado. En Colaboración con Joaquín Otamendi. 1909. Fotos do catálogo "Arquitecto Antonio Palacios (1874-1945)" editado pola Xunta de Galicia.

Galería: A obra de Antonio Palacios

Galería: A obra de Antonio Palacios

Banco Español do Río da Prata (Hoxe Central). En colaboración con Joaquín Otamendi. Rúa Alcalá. Madrid. 1910. Fotos do catálogo "Arquitecto Antonio Palacios (1874-1945)" editado pola Xunta de Galicia.

Galería: A obra de Antonio Palacios

Galería: A obra de Antonio Palacios

Teatro Casino García Barbón. Pranta principal: 1911. Proxecto compreto: 1913. Vigo. Fotos do catálogo "Arquitecto Antonio Palacios (1874-1945)" editado pola Xunta de Galicia.

Galería: A obra de Antonio Palacios

Galería: A obra de Antonio Palacios

Templo Votivo do Mar. Panxón. Nigrán. 1932. Fotos do catálogo "Arquitecto Antonio Palacios (1874-1945)" editado pola Xunta de Galicia.