O mesmo dÃa no os xornais recollÃan a crÃtica máis dura que a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Unión Europea lanzaba contra as praias galegas, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) outorgaba o maior número de bandeiras azuis aos noso areais. Contradicións?
Hai un tempo presentáronse dous informes que analizaban a calidade do medio costeiro galego. Por un lado o que elaborou a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea e pola outra banda Adeac, a asociación encargada de conceder o galardón "Bandeira azul". O primeiro deles lanzaba un tirón de orellas ao goberno destacando que habÃa irregularidades (praias excluÃdas e mostras insuficientes) na relación da calidade dos areais; mentres que o segundo, o de Adeac, ofrecÃa máis bandeiras azuis que nunca para este verán. Máis significativo é se tomamos en consideración que o tempo ao que fan referencia ambos estudos é que foi relativo ao primeiro verán logo do embarrancamento do petroleiro Prestige.
A contradición
Até o momento todo queda claro. Hai dous informes: o da Comisión Europea xa afimra que é a calidade das augas de baño relativas ao 2003, mentres que o que presenta Adeac é relativo ao número de praias que este ano obteñen a cualificación de "Bandeira azul". Os dous fan referencia (en maior ou menor medida) á calidade da auga. No entanto non son dous estudos senón un, Natalia Reduello de Adeac, confirma que "nós non facemos medición da calidade das augas. Nós utilizamos os datos do Ministerio de Sanidade que envÃa a Bruxelas todos os años; e o que nós esiximos é que cumpran os valores guÃa do ano anterior". E puntualiza "tomáronse en conta os datos da temporada de baño do ano anterior porque esta aÃnda non comezou. Son os mesmos da Directiva Comunitaria pero esiximos que os parámetros microbiolóxicos sexan os mesmos. E que teñan calidade 2, que é excelente".
Aà comeza a contradición. O curioso é que ningún dos dous organismos realiza o seguimento da auga, senón que ambos os dous toman como parámetro e referencia as análises que a ConsellarÃa de Sanidade desenvolve anualmente.
O procedemento
Desde a ConsellarÃa de Sanidade constatan que o único que fan é certificar a calidade da auga con análises cuxos parámetros e valores de referencia se marcan no decreto 240/2000 que regula a calidade de zonas de baño. MarÃa Couceiro, xefa do servizo de protección da saúde fronte a riscos especÃficos, explica que o procedemento é "nós aplicamos o noso programa anual para a vixilancia e control das augas de baño de Galicia entre os concellos que solicitan a certificación". No decreto non figura a obrigatoriedade dos concellos de solicitar a certificación, polo que o número de análises poida variar cada ano.
Polo demais, MarÃa Couceiro explica que "a cualificación da praia faise logo de realizar dez controles que se desenvolven ao longo de temporada de baño que se prolonga desde o 1 de xuño até o trinta de setembro. A cualificación final faise en función dos valores estabelecidos no decreto 240 e o resultado final é de 0, que significa non apta, 1, significa apta e 2 que é moi boa". Iso si, logo de que un concello solicita a certificación da cualidade das súas augas deberá informar ao usuario "ten a obriga" explica MarÃa Couceiro "de delimitar a zona de baño, de facer públicos tanto a certificación coma os resultados dos controles periódicos".
Unha vez que a ConsellarÃa ten os datos, MarÃa explica que o procedemento é que elabore un resumo anual, que logo pasa ao Ministerio de Sanidade e Consumo e que á súa vez este remite á Comisión Europea.
A situación actual
Este ano cando a Comisión Europea presentou o informe anual sobre a calidade das augas de baño europeas, denunciou que se estaba a ofrecer unha imaxe falseada da realidade. Naquel informe Galicia a peor parada, xa que figuraba incumprindo estándares de calidade nunha praia das Illas CÃes, a praia de Laño (Poio), Pescadoira (Bueu) e A Concha (VilagarcÃa de Arousa). Alén diso, de até sete praias de Vilanova de Arousa (máis afectadas polo Prestige e que estaban aÃnda en proceso de limpeza), Bruxelas chegou a afirmar que non ofrecÃa mostras suficientes. Non obstante, estes son datos relativos ao ano pasado, e en moitos deses concellos xa se tomaron medidas pertinentes desde aquela data para tentar revocar a certificación.
O caso é que o problema é moito máis complexa. Xabier Pumariño, o vogal de Biodiversidade do colectivo ecoloxista Adega, apuntou xa no seu momento que as análises que se estaban a realizar non chegan a medir a presenza de hidrocarburos aromáticos, entre outras razóns porque as análises son moi caras, aÃnda que a toxicidade destes hidrocarburos fose alta. E non só iso, hai xa concellos que tamén afirmaron que realizarÃan estudos paralelos aos da ConsellarÃa para certificar a calidade das súas augas e poder tranquilizar aos cidadáns, algo que a propia xefa do servizo de protección da saúde fronte a riscos especÃficos afirmou que a dÃa de hoxe non se está a facer.