Ademais de ser un orixinal sistema de intercambio de libros que está a facer furor por todo o mundo, o bookcrossing está a ser converter tamén na escusa para artellar diferentes iniciativas que xiran arredor das letras. Ao grupo pioneiro de Ourense están a se sumar encontros organizados en Vigo ou Compostela. Mentres, o dÃa das letras galegas foi escenario de liberacións masivas en diferentes cidades, e prepáranse novas xuntanzas e presentacións públicas.
Os libros viaxeiros ou bookcrossing son unha realidade que se vai consolidando no paÃs. A pesar das dificultades climatolóxicas, pouco a pouco van aparecendo abandonadas na rúa obras con cadanseu adhesivo chamando a visitar bookcrossing.com e a continuar a cadea de préstamo libre que promove esta web. Máis dun millón de libros circulan polo mundo deste xeito, e os usuarios rexistrados superan os douscentos cincuenta mil. Do mesmo xeito que no resto do mundo, esta práctica ten cada vez máis adeptos no noso paÃs, que comezan a se organizar mediante encontros ocasionais e a saÃr á luz pública a través de diversas actividades literarias. Na actualidade, e segundo a lista de libros dispoñÃbel para caza en bookcrossing spain, é o segundo lugar de todo o Estado en número de obras liberadas, só por detrás de Barcelona, e conta coa taxa máis grande de libros por persoa, xa que os usuarios rexistrados non pasan dos cen até o de agora. As cifras noutras cidades non son moito maiores. Arredor de 160 persoas en Vigo, 150 na Coruña e algo máis de corenta en Compostela practican ou practicaron nalgunha ocasión este xeito de intercambio.
Ourense conta moito
"O bookcrossing leva pouco tempo Galicia. En Ourense ten só sete ou oito meses, e foi onde empezou no paÃs", explica Francisco Javier Montes "Efegsiete", un dos participantes máis activos do bookcrossing galego. AÃnda que con posterioridade se estendeu por todo o paÃs, a Cidade das Burgas resultou ser un terreo especialmente aboado para os libros viaxeiros. Efegsiete recoñece que, a pesar de tan alta participación "somos seis ou sete os que máis movemos esta cuestión na cidade", e comeza a citar os alcuños dos seus compañeiros mais activos. Jotage24, Coco1440 ou Zigoto son só algúns dos ourensáns que comparten esta afección. Despois de teren aparecido nunha das cadeas de televisión local e de organizar encontros regulares no Pub Dickens, que converteron nunha zona oficial de cruce, onde os afeccionados saben que poden deixar libros coa seguridade de que alguén os irá buscar. O éxito do bookcrossing na Cidade das Burgas sorprendeu aos seus propios practicantes "eu son de aquà e estou moi sorprendido de que funcionase tan ben".
Pioneiros das Burgas
Alén de contar cunha tan alta participación, Ourense ten o mérito de ter sido pioneira a nivel de Estado nun xeito particular de liberar libros: O bookfishing. Antabres foi o responsábel desta iniciativa, que consiste en deixar un libro na auga. "Preparouno, envolveuno ben e puxo unha boia e liberouno no rÃo, despois quen o foi buscar tirou fotos entrando na auga coas botas de pescar, agardamos poñelas na rede axiña", explica Efegsiete. Logo desta demostración de versatilidade, está visto que as condicións climatolóxicas do noso paÃs non son un problema para estes buscadores de letras. "Se o liberamos ao ar libre os que xa sabemos como vai isto deixámolo en bolsas pechadas", explica. A busca de orixinalidade en canto a lugares é un desafÃo para moitos bookcrossers. "Están falando de deixar un libro colgado para que se vexa no ar. Eu liberei en árbores ocas, e mesmo deixei un no alto da ponte do milenio, e collérono xa ao dÃa seguinte."
Letras galego-portuguesas
O pasado dezasete de maio Pontevedra vÃa como as súas rúas se enchÃan de libros. Cento corenta e cinco tÃtulos galegos e portugueses eran liberados dentro dos actos da Festa da Lingua que organizaba a Assembleia Reintegracionista Ene Agá, o Movimento Defesa da Lingua e a Associaçom Cultural Reviravolta, coa colaboración do propio Concello da Cidade. "QuerÃamos potenciar o carácter participativo do DÃa das Letras para alén dos actos oficiais" explica LuÃs Fontenla, voceiro do MDL, "ao tempo tÃñamos a intención de facer un acto reivindicativo que levase á xente a reflexionar sobre que o galego é unha lingua útil nas súas variantes internacionais". Deste xeito naceu esta iniciativa, que agardan se repita ano en ano con ocasión desta festa. "Agardamos repetir para o ano, gustarÃanos que se crease unha tradición de liberar libros cada dezasete de maio coma un xeito de celebrar a nosa lingua". Esta liberación masiva colocarÃa Pontevedra mesmo por riba de Ourense no Ãndice de libros dispoñÃbeis, mais os diferentes xeitos de rexistrar as localidades fan que esta cifra non se reflicta do mesmo xeito na rede.
Máis letras no DÃa
Dun xeito semellante, en Compostela un grupo de catro bookcrossers liberaron corenta e sete obras na zona da alameda da cidade o pasado dezasete de maio, coa colaboración da Editorial Galaxia. Como non podÃa ser menos, tamén en Ourense aproveitaron a ocasión para soltar trinta e oito obras galegas en tan sinalada data, neste caso, sen contar con patrocinio ningún. "Eran libros en galego que xa tiñamos pasados e decidimos soltalos para que se incorporase máis xente a esta iniciativa", explica Efegsiete Seis persoas repartiron persoalmente estes volumes en dúas rúas do centro da cidade. "HabÃa xente que coñecÃa a iniciativa e a colleu moi ben, a outros tÃñaslles que explicar a situación".
Máis encontros
AÃnda houbo outra iniciativa galego portuguesa sobre bookcrossing, desta volta organizada desde o outro lado da fronteira. Nuno Coelho, un afeccionado de Porto, coordinou un encontro entre galegos e portugueses que se produciu o pasado oito de maio en Compostela. AÃnda que a presenza non foi moi nutrida, oito afeccionados a ler e a emprestar compartiron unha xornada. Dun xeito semellante, Vigo vivÃa o pasado seis de maio o primeiro encontro de bookcrossers (ou BC) no que participaron até once persoas, entre eles varios do grupo ourensán. Neste encontro liberáronse trinta e seis obras, e creouse unha zona de cruce na cafetarÃa De catro a catro. Acordouse alén diso ir artellando xuntanzas periódicas abertas a todos os afeccionados.
Crecemento
Como se pode comprobar, o fenómeno do bookcrossing medra dÃa a dÃa no noso paÃs. AÃnda que moitos dos practicantes continúan a participar de xeito individual e ocasionalmente na iniciativa, pouco a pouco xorden novas propostas organizadas arredor desta iniciativa, reflectindo na realidade cotiá as relacións que comezaron de xeito virtual. Entre as últimas propostas, desde Pamplona chegou a idea de liberar libros nos albergues do Camiño de Santiago, polo que é bastante probábel que cheguen novos libros a Galicia pola Ruta Xacobea. Polo de agora, a vindeira cita pública será unha xornada que os bookcrossers ourensáns celebrarán no marco da Feira do Libro de Ourense o vindeiro dous de xuño.