A falta de recursos pon en perigo a recuperación das aves afectadas polo chapapote mentres ceiban seis mil visóns en Abegondo

Sacrificio, recuperación e liberación

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Os encargados e os voluntarios do Centro de Recuperación de Fauna de Cotorredondo, en Marín, realizaron o pasado xoves un paro para protestar pola orde que recibiron da Xunta de sacrificar duascentas das trescentas aves afectadas por petróleo que alí trataban. A falta de recursos para atendelas estaría na orixe desta decisión, que a Consellaría de Medio Ambiente nega ter tomado. Mentres, no concello de Carral continúa a busca duns quiñentos visóns dos máis de seis mil que foron liberados o pasado sábado dunha granxa ao parecer por activistas da Fronte de Liberación Animal. Asociacións ecoloxistas coma ADEGA xa amosaron a oposición a este acto, xa que os visóns casan serios danos aos ecosistemas galegos ao amosar unha maior voracidade e capacidade reprodutiva do que as especies autóctonas.

Máis información sobre as recuperación de aves en Vieiros; Diario de Ferrol e Galicia Hoxe; a liberación dos visóns en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Chapapote, Asociacións, Concello de Carral...