A morte sorprendía a Luísa Villalta na súa propia casa o pasado sábado día seis. Ao parecer, foi un paro cardíaco que acabou con ela cando só tiña corenta e seis anos. Co seu falecemento desaparece unha voz poética que, aínda que comezara a súa actividade pública na década dos oitenta, continuaba en plena actividade, participando nunha multitude de proxectos nos que amosaba constantemente un forte compromiso co noso país e unha intensa dedicación ás dúas artes que marcaron a súa vida, a música e a poesía.
Nada en 1957, Luísa Villalta encádrase polos libros na xeración poética dos anos oitenta, aínda que a maior parte da súa obra foi publicada durante os anos noventa. De calquera xeito, a súa voz poética conserva aínda hoxe unha total actualidade, como confirma o feito de que fose a autora que se fixo coa última edición do Premio Espiral Maior de Poesía co poemario "En Concreto", aínda sen publicar. A súa derradeira intervención pública coma poeta foi a participación no recital de poetas galegos en solidariedade con Palestina que se celebrou o pasado vinteseis de febreiro, e ao que achegou unha composición co título "Debilidade". Unha obra súa fai parte tamén do proxecto Flying Carpet que na actualidade está en marcha na Fundación Torrente de Santiago de Compostela. O mesmo día do seu falecemento, a autora tiña que participar na inauguración dunha mostra de dezasete artistas plásticas galegas que se instalou no Pazo da Carballeira de Oleiros con ocasión do Día Internacional da Muller e na última entrega do semanario Nosa Terra aparece a derradeira colaboración da autora.
Letras e música
Nada na Coruña, Luísa Villalta a súa vida estivo completamente vencellada ao mundo das letras. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e en Hispánica, na actualidade era profesora de lingua e literatura galega. Aínda que a poesía foi o xénero que máis a deu coñecer, con poemarios coma "Sete haikús"(1985), "Música reservada" (1991) e "Ruído" (1995). No teatro publicou o monólogo "Concerto para un home só" (1989), "O representante" (1990), "O paseo das esfinxes" (1991) e "As certezas de Ofelia" (1999). Desde outra perspectiva, tamén abordou o teatro a través do ensaio "O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral", na que confrontaba as obras do mindoniense e o clásico do inglés. En narrativa publicou "Silencio, ensaiamos" (1991), "Teoría de xogos" (1997) e, no 2001, "As chaves do tempo".
A outra grande paixón de Luísa Villalta foi desde sempre a música, xa que era intérprete de violín e participou en diferentes conxuntos de cámara, ademais de na Orquestra de Santiago e na Xoven Orquestra de Galicia. Á relación da música coa literatura débese, segundo a crítica, a musicalidade que impregna a súa creación poética, alén de abordar o encontro entre estas dúas artes co libro "O outro lado da música, a poesía" (1999) e ensaios coma "A música e nós" (1999).
Participación activa
Ademais da obra publicada individualmente, a falecida desenvolveu unha intensa actividade colaborando con artigos, poemas e ensaios en publicacións coma "Man común", "A festa da palabra silenciada", "Mondo lusófono", "A trabe de ouro" "Tempos novos", "Revista das letras", "Agália", "Grial" ou "Luzes de Galiza". Alén diso, participou en encontros de coma Foro da Cultura Galega e o Foro Negro, e en colectivos coma a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (de cuxa directiva fixo parte). Aínda no ano pasado participou activamente nas mobilizacións que se convocaron desde o mundo da cultura contra a guerra en Iraq ou a catástrofe do Prestige. Na súa bitácora Cabrafanada, Fran Alonso lembra que para dentro de dez días tiña previsto participar coa poeta nun acto solidario organizado por unha organización non gobernamental.
Pésames
Ante a morte de Luísa Villalta, a Asociación de Escritores en Lingua Galega anulou a asemblea que estaba a celebrar o pasado sábado, que quedou adiada até o día vintesete deste mesmo mes. O falecemento causou conmoción entre os participantes no acto, e a secretaria saínte do colectivo, Yolanda Castaño, manifestou que Villalta "era un dos pensamentos máis lúcidos da nosa poesía, chea de sensibilidade e que se encontraba en plena evolución creativa". A asociación emitiu un comunicado no que expresaba a "fonda conmoción" que lles producía a "perda da nosa amiga e compañeira", lembrando a "enorme relevancia humana e literaria" da escritora e a súa "entrega e compromiso co noso país e con todos os proxectos colectivos que significaron a defensa do que nos define coma pobo". Tamén o Bloque Nacionalista Galego, partido no que militaba, e a Mesa pola Normalización Lingüística emitiron comunicados de dó ante o falecemento. Do mesmo xeito a Asociación de Amigos de Oleiros e o Concello de Pontevedra, que contaba coa autora para abrir os actos do Abril dos Libros, emitiron o seu pesar polo silenciamento definitivo desta voz.