O Café O Alfaiate da Coruña entrega este xoves os seus premios

A festa do Alfaiate

Este vindeiro xoves 12 ás 22:30h en “O Alfaiate” (Pza de España, A Coruña) entregaranse os premios da II edición dos galardóns que patrocinan esta cafetería e mais o web Empuje.net. Ao igual que o ano pasado celebrarase unha festa especial na que se darán a coñecer os vencedores. Un primeiro e segundo premio recibirán importe en metálico e tres accésits dotaranse con cadanseu lote de comics, co patrocinio das tendas de BD “Tanxencias” da Coruña, “A Gata Tola” de Compostela e da pontevedresa “Librería Paz”. O xurado componse do crítico Tino Reguera, o debuxante San Miguel, o guionista J.A. Moure, o actor Juan Pazos e o libreiro Fernando Sampedro.



Máis información en Empuje.net