Plataformas contra os encoros, campañas internacionais reclamando RÃos Vivos, mobilizacións masivas tanto en Galicia coma en España protestando contra obras hidráulicas... Nos últimos tempos o debate sobre o emprego dos rÃos está cada vez de máis actualidade. A loita entre a visión dos cursos de auga coma recursos a explotar e a visión o seu aproveitamento social e ecolóxico ocupa cada vez máis espazo nos medios e chega a cada vez máis ámbitos. Neste debate, o concepto de nova cultura da auga resoa cada vez con máis forza.
A orixe deste concepto está na Fundación Nova Cultura da Auga, unha organización nacida das mobilizacións contra o Plan Hidrolóxico Nacional que se viñeron sucedendo nos últimos anos, fundamentalmente na zona de Aragón, A Rioxa e Cataluña. Esta fundación analizou polo miúdo os problemas do emprego da auga e propuxo un novo xeito de entender a relación do home co lÃquido elemento. Na súa análise clasificaron en catro os modelos de xestión deste ben. Segundo eles, a primeira perspectiva é a hidráulica, que consiste en considerar a auga dos rÃos coma un recurso produtivo convencional, e como tal aproveitalo buscando o máximo rendemento. Nun nivel maior de complexidade está o punto de vista hidrolóxico, que valora da importancia da auga en procesos xeolóxicos e analiza a necesidade de manter o ciclo deste elemento, coidando detalles coma o transporte de sedimentos ou as posÃbeis cheas ou secas que se poden producir. En contando coa relación dos cursos de auga cos seres vivos está o nivel ecosistémico de análise. É neste nivel no que se encontra a Directiva Marco da Auga da Unión Europea. Finalmente, desde a Fundación deféndese a existencia dun cuarto nivel, que eles denominan holÃstico, no que se considera, alén dos anteriores, a importancia que un rÃo desenvolve no sistema social circundante, xa non só a nivel económico, senón tamén como elemento de cohesión social, paisaxÃstico ou de recreo.
A conexión galega
AÃnda que o concepto de nova cultura da auga naceu asociado ás grandes mobilizacións contra o Plan Hidrolóxico Nacional, en Galicia os colectivos ecoloxistas non son alleos esta problemática. Segundo Xosé Veiras, un dos responsábeis da campaña "Faltan rÃos vivos, sobran encoros", "aquà é unha cultura que se está defendendo desde hai xa moito tempo desde as organizacións ambientalistas, a campaña a prol duns rÃos vivos é unha manifestación desa nova cultura da auga". Os colectivos ecoloxistas galegos manteñen contactos cos promotores da Fundación Nova Cultura da Auga mesmo desde antes do seu nacemento. "Precisamente a persoa que acuñou este termo, o catedrático de hidroloxÃa Javier MartÃnez Gil, estivo en Santiago hai uns anos participando nunhas xornadas sobre rÃos da Federación Ecoloxista Galega". Tamén Pedro Arrojo, que recibiu recentemente o premio internacional Goldman pola súa defensa destes conceptos pasou por Galicia.
A perspectiva canle
"Os rÃos precisan auga para seren rÃos e non só simplemente canles de auga. Unha das maiores barbaridades que se poden ouvir desde o punto de vista da nova cultura da auga é que é unha magoa que se perda boa parte da auga dos rÃos no mar. A auga dos rÃos ten que acabar no mar, se non os rÃos deixarÃan de ser rÃos", resume Veiras. A pesar a aparente obviedade desta perspectiva, a aplicación destes principios non é en absoluto habitual. Un dos exemplos máis impresionantes que se dan en Galicia é o caso da fervenza do RÃo Xallas. Este curso tiña nas proximidades da súa desembocadura en Ézaro, na Costa da Morte, unha impresionante fervenza. A construción dun encoro diminuÃu até tal punto o caudal que a fervenza desapareceu, eliminando unha formación única en Europa. Anos despois a Xunta interveu e conseguiu que o encoro abra as súas portas unha vez a semana, restaurando o antigo esplendor da fervenza durante unhas horas cada sete dÃas.
Os custos
A este exemplo poderÃanse engadir moitos máis todo ao longo do paÃs, "Este aproveitamento tan forte para a produción hidroeléctrica tivo grandes custos ecolóxicos e sociais", sinala Veiras. "Antes non se situaban os núcleos de poboación en zona asolagabeis, e iso é algo que nas últimas épocas se veu facendo, provocando a necesidade de grandes infraestrutura de canalizacións que non terÃan sido necesarias de se respectar o rÃo e a súa dinámica natural. Por exemplo algunhas das últimas enchentes en Portomouro entre o Dubra e o Tambre afectaron a un colexio público que está construÃdo nunha chaira de asolagamento".
Perspectiva cultural
Un exemplo de como a importancia da auga para a cultura continúa a estar pouco estudada é a recente descuberta dun dos elementos arquitectónicos máis orixinais dos relacionados cos rÃos en Galicia. O dÃa un de febreiro saÃa á luz a noticia da descuberta dun batán do século XVIII no rÃo da Carballosa, en Santa Comba. Esta construción, semellante a un muÃño, contiña no seu interior uns mazos movidos pola forza hidráulica que se empregaban para abrandar teas antes de as traballar, normalmente o liño o a lá. Até o de agora esta edificación, descuberta polo investigador Antonio Lema, ficaba nas beiras do rÃo confundida cun muÃño, e foi só a descuberta dunha referencia ao batán no catastro de Ensenada de 1753 o que amosou a verdadeira utilidade da construción. Os veciños máis vellos da zona confirmarÃan máis tarde o emprego do batán, que aÃnda estivo en actividade até este mesmo século. Este é unha das poucas factorÃas deste tipo que se conservan na provincia da Coruña, e desde o Concello están a barallar a posibilidade de o restaurar. "Todos os empregos tradicionais dos rÃos teñen que ver coa nova cultura da auga", sinala Veiras, "en boa medida consiste en recuperar a relación cos rÃos que existÃa antes do proceso de industrialización e de urbanización mal enfocados que se deu sobre todo nas últimas décadas".
Futuro lÃquido
Coincidindo coa celebración o dous de febreiro do DÃa Mundial dos Humidais, a ConsellarÃa de Medio Ambiente anunciou que está a preparar un decreto para protexer especificamente este tipo de hábitats no noso paÃs. O decreto creará unha figura especÃfica de protección para os máis de 1.130 humidais existentes en Galicia, boa parte dos cales fan parte da proposta da Xunta para a Rede Natura 2000. Mentres, os ecoloxistas galegos anuncian que continuarán coa campaña "Faltan rÃos vivos, sobran encoros" que denuncia a intención de construÃr vinte e catro novos encoros e arredor de cen minicentrais hidroeléctricas no paÃs, e que conta co apoio de destacadas organizacións ambientalistas internacionais. Desde a Fundación Nova Cultura da Auga prepárase en Melgaço un congreso sobre o rÃo Miño que se celebrará o vindeiro mes de maio e que analizará polo miúdo a situación do rÃo desde esta perspectiva. Asà que por un tempo está asegurado que seguiremos a ouvir falar deste xeito distinto de ollar os rÃos.