O Arcebispo Juan de San Clemente é un dos premios literarios que posúen máis prestixio en Galicia. Este estatus non se debe á súa dotación económica nin a contar cun xurado formado por persoeiros relevantes. O que fai este premio tan querido polos escritores é que son alumnos de secundaria de toda Galicia os que determinan que obras serán galardoadas. E é esta mesma peculiaridade a que trae cada ano a Compostela a algunhas das figuras máis relevantes do panorama literario internacional para recollelo.
A aventura comezou xa en 1994. Coa intención de apoiar a lectura entre a xente máis nova, a directiva do Instituto RosalÃa de Castro de Santiago puxo en marcha un premio literario no que fosen os alumnos os que escollesen os gañadores. "A idea foi nun momento determinado como converter os alumnos en protagonistas dun premio, xa que normalmente o xurado estaba composto por persoas moi vellas", sinala Ubaldo Rueda, promotor da iniciativa. Para isto solicitaron a colaboración doutros centros de ensino, coa intención de conseguir unha mostra representativa do que libros que lles gustaban aos alumnos galegos.
A preparación de cada ano
O proceso comeza cunha preselección de obras da que se encarga o comité asesor do concurso, no que profesores e estudosos da literatura comparten espazo con cargos destacados coma o Director Xeral de PolÃtica LingüÃstica ou o alcalde de Santiago, asà coma co director do RosalÃa de Castro. Este comité reúnese a comezos de cada ano e selecciona as novelas de tres autores para cada unha das categorÃas de que consta o premio: mellor obra en galego, mellor obra en castelán e mellor obra en lingua estranxeira traducida para o castelán ou para o galego. Todas as obras deben estar publicadas durante o ano anterior ao da selección.
Seleccionar o xurado
Unha vez realizada esta selección, os profesores de Lingua e Literatura Española e de Lingua e Literatura Galega dos centros que participan no proxecto (un de cada provincia, seleccionados por sorteo anualmente) seleccionan de entre os alumnos do seu centro dous por cada unha destas modalidades. "Normalmente os profesores buscan entre os alumnos máis apaixonados pola lectura", sinala Ubaldo Rueda. Fórmase deste xeito un xurado de trinta alumnos (dez para cada categorÃa) procedentes de centros de secundaria de toda Galicia que len as obras preseleccionadas. Finalmente en abril reúnense os dez alumnos de cada unha das categorÃas e seleccionan as novelas gañadoras.
A coordinación
É entón cando comeza a segunda parte do concurso, tan peculiar coma a primeira. Os organizadores do evento póñense en contacto cos escritores premiados e organizan o acto de entrega dos premios. Pode parecer sinxelo que escritores galegos ou españois se acheguen até Compostela para o recibir un premio outorgado polos alumnos de cinco institutos de secundaria, cando falamos de autores internacionais da talla de José Saramago ou de Vargas Llosa, o asunto semella complicarse. E, no entanto, ano a ano, estas figuras achéganse até o Instituto RosalÃa de Castro, a carón mesmo da alameda compostelá, para recibir o premio que lle outorgaron os rapaces. "Veñen fundamentalmente porque é un premio moi diferente aos outros. Como o xurado é de rapaces, e pola mesma non é influenciábel coma o doutros premios, valoran especialmente gañalo, A razón fundamental de que veñan é esa" sinala Ubaldo Rueda. "Nunca tivemos problemas excepto o ano pasado que Kundera non puido vir por problemas de saúde".
Axudas necesarias
Alén da dotación económica do premio, de tres mil euros por cada categorÃa, a organización do premio Arcebispo Juan de San Clemente implica unha longa serie de gastos, a priori difÃciles de asumir por un centro de secundaria. "O premio financiase buscando moitos apoios. Ibeira agasállanos cada ano cos billetes de avión para os escritores, o Hostal dos Reis Católicos cede gratuitamente cuartos..." A estes apoios súmanse colaboracións económicas que veñen desde empresas coma Fenosa, RENFE ou El Corte Inglés, até apoios da ConsellarÃas de Educación e de Cultura ou das deputacións da Coruña e de Pontevedra. Todo para que os estudantes galegos poidan coñecer de primeira man os autores daquelas obras que máis lles gustaron.
Os premiados
Nesta novena edición foi a novela "Resistencia" de Rosa Aneiros a que se fixo co premio na categorÃa de mellor obra en galego. "Los aires difÃciles" de Almudena Grandes levou o premio na categorÃa en castelán e "El club de los canallas" de Jonathan Coe foi considerada a mellor novela estranxeira. Este nomes únense asà aos gañadores de anteriores edicións entre os que encontramos nomes coma Mario Vargas Llosa, José Saramago, Javier MarÃas, Carmen MartÃn Gaite, Manolo Rivas, Jostein Gaardner, Antonio Tabucchi ou Paul Auster entre moitos outros que se achegaron a este centro de ensino a recibir o premio dos lectores máis novos.