O escritor lucense Xoán Rodiño resultou gañador do certame de relatos organizado pola Fundación Valle-Inclán e a ConcellarÃa de Cultura da Pobra. O premio de 500 euros e a publicación da obra son o único recoñecemento que terá o escritor xa que a atención pública está desprazada cara á polémica xurdida sobre a autorÃa do segundo escollido que levou a deixar deserto o premio. Dun cruce de versións enguedellado só queda claro que o relato “O anxelote” presentouse ao certame baixo a autorÃa de Eva Castro Calo e que despois de comunicarlle o galardón descubriuse, en circunstancias controvertidas, que o autor era José Vicente DomÃnguez, edil do PSOE en Ribeira. A organización decidiu deixar o premio deserto pese ás protestas do autor.
Máis información en La Voz de Galicia