Begoña Caamaño. Fonte: RAG
Co comezo do ano botan a andar as primeiras iniciativas arredor do Día das Letras Galegas de 2026. Entre as primeiras, a Real Academia Galega presentaba este 8 de xaneiro o espazo web que lle dedica a Begoña Caamaño, protagonista da celebración. Unha biografía da autora realizada por Ana Romaní aparece como principal achega do novo espazo.
Canda a este texto, pode atopar un artigo do presidente da RAG, Henrique Monteagudo, no que destaca a importancia da escritora e da súa "soberbia achega á literatura galega, pondo o foco na fundamental achega feminina ao seu pulo" ao tempo que salienta a "exemplar traxectoria como periodista defensora da información veraz, en tempos en que a comunicación social está intoxicada pola divulgación de loias que espallan o odio, a intolerancia e a confusión".
No novo espazo, a RAG pon a disposición do público unha selección de fotografías de Caamaño, que combina imaxes do seu arquivo persoal con outras tiradas de diferentes fontes. Unha entrevista a María Xesús Nogueira, unha das primeiras especialistas que investigou o traballo da protagonista das Letras Galegas deste ano, e diferentes novas sobre a efeméride fan tamén parte dun espazo que se irá enriquecendo con diferentes contidos.