
Domingo de Andrade foi o gran arquitecto do barroco compostelán, o movemento artÃstico de gran personalidade que definiu a Galicia artÃstica dos séculos XVII e XVIII. Pero ata o momento, a maior parte das achegas que se fixeran a el foran desde o punto de vista das humanidades e da historia da arte. O mércores o Consorcio de Santiago presentou no Museo do Pobo Galego a publicación
Domingo de andrade. Continuidad y transformación en un enclave compostelano. Redactada por Celestino GarcÃa Braña, experto na obra do arquitecto de Cee, céntrase desta volta nos cambios sucesivos que sufriu un reducido espazo da cidade entre a praza de PraterÃas e a Praza da Quintana, onde Andrade interviu ao longo de décadas na Torre do Reloxo, o Pasadizo do Tesouro (onde está a famosa cuncha), a casa da Conga e o Pórtico Real. "Son intervencións que van tecendo como nun delicado e granÃtico encaixe de Camariñas", asegura GarcÃa Braña, "unhas arquitecturas sólidas e brillantes que, ao mesmo tempo, supedÃtanse a unha idea do conxunto buscando non só o esplendor propio do edificio, senón o deste lugar, e con el, o da cidade". O autor indaga en cada unha das obras que compoñen ese espazo, a comezar pola súa primeira obra en pedra, a Torre do Reloxo, que compón no abraiante prazo dun ano e coa que GarcÃa Braña hipotetiza que tivo que planificar previamente, se cadra en conversas co seu mentor, o anterior arquitecto catedralicio Peña y Toro. Ou cando analiza a Casa da Conga e a súa composición xeométrica. "O verdadeiramente importante", di GarcÃa Braña, "non é só coñecer os segredos da arte do engaño senón tamén abandonarse na espertada ilusión e o asombro que propicia a beleza construÃda".