
Entre outras iniciativas, foi membro fundador da editorial SEPT, da Asociación Cultural o Galo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia ou do semanario A Nosa Terra, que chegou a dirixir. Canda a isto presidiu a Associação Amizade Galiza-Portugal ou a Associação Cultural Lusófona Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, ademais de fundar e dirixir as revistas da Nós, Cadernos do Povo, e Temas do Ensino de Lingüística, sociolingüística e literatura, e foi nomeado membro de mérito da Academia Galega da Língua Portuguesa.
No campo literario, desenvolveu unha produción que abrangue unha decena de obras, sobre todo líricas, con títulos como Sememas(Antologia Poética) (1990), Poemas para Cynara (2000) ou os Cadernos de Poesia do Clube Pickwick, nos que integraba literatura e pintura. Moitas das súas obras neste ámbito saíron do prelo co pseudónimo de João Padrão.
O seu corpo enterrouse este 30 de xuño no cemiterio de Santo Amaro en Pontevedra, de onde era natural.