
Nos tres tÃtulos para lectores de máis idade insÃrese PÃlulas azuis de Frederik Peeters, a historia do autor e da relación que mantén coa súa parella seropositiva. A obra, que obtivo un importante recoñecemento internacional desde a súa publicación orixinal en 2001, conta con 208 páxinas a branco e negro.
Ghost World, a aclamada obra de Daniel Clowes que xa foi levada ao cinema, é outra das apostas da editora para esta temporada. Referente da BD independente desde os anos noventa, o cómic narra o dÃa a dÃa de dúas rapazas e a súa transición á madurez.
A editora presenta tamén na nosa lingua o último traballo do xornalista e debuxante Joe Sacco sobre o conflito palestino-israelÃ. Guerra en Gaza, publicada orixinalmente en 2024, achégase á actualidade deste escenario a realiza "unha crÃtica inflexible ao xenocidio israelà e á complicidade do presidente Joe Biden" en 36 páxinas.