Portugal recoñece o Lanzo da Cruz como Patrimonio Cultural Inmaterial

Esta tradición celébrase coa participación de parroquias de Valença e de Tomiño

Esta tradición celébrase coa participación de parroquias de Valença e de Tomiño
Momento do Lanzo da Cruz. Fonte: Câmara Municipal de Valença
O Inventário Nacional do Património Cultural Imaterial de Portugal recolle deste este 6 de xuño a tradición transfronteiriza do Lanzo da Cruz. Esta manifestación, consiste nunha bendición sobre o Río Miño que se celebra mediante a colabración das parroquias de Valença, Cristelo Covo e Arão, da banda portuguesa, e mais a de Sobrada, en Tomiño.

O rito consiste nunha bendición de embarcacións, aparellos e do propio río no comezo da temporada pesca no Miño, a coincidir coa segunda feira de Pascua, con participación de cregos das dúas bandas. Durante o mesmo, intercámbianse as dúas cruces procesionais das parroquias participantes, con participación de grupos de música e fieis galegos e portugueses e unha romaría.

A inscrición recoñece esta manifestación como "prática religiosa identitária das comunidades transfronteiriças da União de Freguesias de Valença, Cristelo Covo e Arão, concelho de Valença (Portugal), e da freguesia de Sobrada, concelho de Tomiño (Galiza - Espanha)".

Na lexislación portuguesa, o Inventário é o principal rexistro de prácticas de patrimonio inmaterial, e facer parte do mesmo é condición imprescindible para aspirar á inclusión na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.