O Concello de Santiago daba a coñecer este 23 de maio o fallo do Premio Exeria de Creación Literaria, que a entidade municipal convoca en colaboración coa Residencia Literaria 1863. Xosé Antonio Neira Cruz fÃxose co galardón, que está dotado con 3.000 euros en metálico e unha estadÃa dun mes na residencia La Baldi, situada na aldea de Montegiovi (Toscana - Italia), onde o autor desenvolverá o seu proxecto de novela.
O xurado valorou da súa proposta "a solvencia da proposta narrativa, o rigor e a coherencia do proxecto de traballo presentado e a relación da temática da obra coa contorna onde se desenvolverá a residencia". A estes méritos, o fallo sinala que a "vinculación coa cidade de Santiago de Compostela fai que a candidatura destaque pola súa adecuación aos criterios de valoración do premio".
Berta Dávila Fernández, AgustÃn Agra Barreiro e Gemma Sesar Ignacio, coa asistencia do técnico municipal de programación e xestión cultural foron responsables da selección.