Arrinca na Coruña o V Encontro Mundial de Humorismo

Eva Hache, Franco Escamilla e Marta González de Vega recibirán os premios do evento que transcorre ata o 30 de abril

Un total de 17 funcións de pago, canda a múltiples actividades paralelas, compoñen o programa do V Encontro Mundial de Humorismo, que se celebra na Coruña ata o vindeiro 30 de abril. Coas entradas case esgotadas, o programa conta con figuras como Lucho Mellera, Luis Piedrahita, Henar Álvarez, Javier Veiga, Marta Hazas, Hovik, Ricardo Moya, Galder Varas, Faemino e Cansado, Carlos Ballarta, La Ruina, Franco Escamilla, Carlos Blanco, Goyo Jiménez, Marta González de Vega, Touriñán, Álex Clavero, Ana Morgade e JJ Vaquero.

Os Premios EMHU recaeron nesta xeira en Eva Hache, Franco Escamilla e Marta González de Vega. Eva Hache recibirá o galardón Wenceslao Fernández Flórez, polo seu labor a prol da difusión do humor. O premio "Fenómeno" para artistas capaces de enfrontar "xestas humorísticas sen precedentes" levouno nesta xeira Marta González de Vega, como "unha das escritoras máis de comedia máis importantes" do Estado. Finalmente o premio Castelao foi para o mexicano Franco Escamilla en recoñecemento ao seu éxito internacional.

No programa destacan as estreas a nivel estatal dos espectáculos El unipersonal de Lucho Mellera y TLATOANI, con Carlos Ballarta. No ámbito galego preséntanse as propostas Apocalípticamente correcto, con Luis Piedrahita, La Chochoctora, con Henar Álvarez, e Show 1995, con Franco Escamilla. Tamén é novidade absoluta El Show de la Fantasy House, que se dá a coñecer como "primeira comedia dirixida específicamente a público familiar" no encontro.

Fan parte tamén da iniciativa espectáculos recoñecidos a nivel estatal como Esto no es un show, La Ruina ou 17 veces. A estes súmanse as habituais propostas de produción produción propia Humoris Causa que reunirá por vez primeira a Carlos Blanco, Goyo Jiménez, Marta González de Vega e Xosé A. Touriñán e Fantastic Colofon, no que estarán presentes Ana Morgade, Álex Clavero e JJ Vaquero. Tamén se desenvolverá unha nova sesión de Match de Impro centrado na improvisación humorística.

No ámbito do debate e a reflexión celebraranse as mesas redondas Castelao na arte europea, con Siro López e Olivia Rodríguez, e mais Anatomía do Humor. Unha visión científica do fenómeno da risa coas figuras da divulgación científica Javier Santaolalla, José Luis Crespo (Quantum Fracture) y Rocío Vidal (La gata de Schrödinger).

Dentro da programación paralela, a exposición ao aire libre Guonderful Forges. Los Años de la Esperanza permitirá coñecer traballos do humorista gráfico Antonio Fraguas realizados durante a transición e poderá verse ata o vindeiro 4 de maio no Cantón Grande.