
Na categorÃa de 'Mellor álbum en galego' das cinco propostas que optan ao premio polos seus traballos presentados en 2024, catro está editadas polo selo Raso Estudios: A Pedreira, por 'Basal' (Raso, 2024); Ortiga con 'Obra social' ( Raso, 2024); The Rapants, 'La máquina del buen rollo' (OFF Stage); A mulher lyrio (Raso Estudio, 2024) e Baiuca, por 'Barullo' (Raso, 2024). No caso de Baiuca o proxecto acumula ademais outras dúas candidaturas finalistas nas categorÃas de 'Mellor gravación de electrónica' e 'Mellor álbum do ano'. Con tres finalistas parte tamén o dúo Bala, que poderÃa conseguir os premios a 'Mellor directo', 'Mellor disco de rock' e 'Mellor produción musical', polo seu traballo 'Besta'. Por outro lado na categorÃa de 'Mellor álbum de jazz' tamén está moi presente o talento galego neste xénero grazas Abe Rábade, con 'Tempo de cor' (Karonte, 2024); e Baldo MartÃnez, por 'Música imaginaria' (Karonte, 2024).
Dúas candidaturas finalistas acadan o dúo Caamaño & Ameixeiras, unha ao Mellor Videoclip, por ese 'Catro Cousas' rodado no Parque do Pasatempo con Rodrigo Cuervas, e outra como posible Mellor Artista Emerxente de 2024. Na categorÃa emerxente mantense tamén a psoibildiade para Carlos Ares, que ademais é finalista en 'Mellor álbum de pop' por 'Peregrino'. Nesa mesma categorÃa competirá polo premio co santiagués Carlangas, e o seu segundo disco en solitario tras da separación de Novedades Carminha, 'Bailódromo vol. 1' (Virgin records). Pecha a lista de nomes galegos o coruñés Xoel López, finalista ao premio a Mellor directo do pasado ano por Albatros (Sesiones EspÃritos IX).