Podería haber varios titulares para a que foi a XXIIIº edición dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, un deles sería 'Rapa acapara o favor dos membros da Academia Galega do Audiovisual'; outro podería ser 'Rapa si, Altri non', xa que a gala celebrada no Lalín Arena tivo tanto de festa do sector como de acto de protesta contra os recentes informes favorables da Xunta de Galicia ao proxecto da factoría na Ulloa. Tanto premiados, como asistentes mantiveron durante todo o acto un clamor reivindicativo nese sentido. A gala celebrouse este ano en Lalín, por primeira vez fóra da contorna das grandes cidades grazas ao apoio do Concello de Lalín, da Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia e, segundo fontes da Academia, é de prever que o ano que ven tamén terá lugar na provincia de Pontevedra, aínda sen destino concreto. A gala de entrega de premios foi presentada por Teté Delgado baixo a dirección da coreógrafa Marta Alonso. O artista Baiuca foi o encargado de poñer música á noite do audiovisual galego.
No estritamente audiovisual o sector apostou por facer unha despedida con todas as honras á serie 'Rapa' de Portocabo TV e Movistar+, unha produción que nos últimos anos mobilizou equipo técnico e artístico para a súa rodaxe en Ferrolterra e que serviu de escaparate do bo facer da industria audiovisual galega no competitivo sector das series para plataformas. Das 18 candidaturas finalistas coas que 'Rapa' entrou no Lalín Arena once foron as que levaba ao saír. Tanto equipo técnico, como artístico viron recompensada a súa excelencia, segundo criterios dos académicos. A serie de Portocabo TV acadou por terceiro ano consecutivo os premios a Mellor serie de televisión e Mellor montaxe para Gaspar Broullón, Lu Rodríguez e Jorge Coira. A este sumou o de Mellor dirección, para Jorge Coira e Javier Cámara, Mellor guión para Pepe Coira e Fran Araújo, Mellor dirección de fotografía para Jaime Pérez, Mellor dirección de produción para Ana Míguez, Mellor maquillaxe e perruquería para Fanny Bello e Gemma Márquez, e Mellor música orixinal para Xavi Font. A intriga rodada na comarca de Ferrol destacou tamén nas categorías de interpretación, os premios de Mellor interpretación feminina protagonista e Mellor interpretación masculina protagonista e de reparto recaeron en Mónica López, Darío Loureiro e Diego Anido polos seus papeis na serie.
A longametraxe 'As Neves' produción de Cósmica e Aquí y Allí Films, ópera prima de Sonia Méndez e outra das finalistas favoritas con máis posibilidades, ata trece finalistas, so puido resistirse ao tirón de 'Rapa', en dúas ocasións, conseguindo en competición con esta o premio a Mellor interpretación feminina de reparto para a actriz Lucía Veiga, que recolleu o seu terceiro Premio Mestre Mateo consecutivo, e Mellor son para David Machado, que tamén repite premio, Javier Pato e Daniel Fernández. Ademais 'As neves' acadou o Premio a Mellor Longametraxe, deixando á produción 'Honeymoon', de Enrique Otero, como gran damnificada da noite, xa que marchou sen premios para ningunha das súas dez candidaturas finalistas.
Quen tamén duplicou galardón na noite do audiovisual galego foi o equipo de 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', co premio a Mellor vestiario para Maite Tarilonte e Mellor dirección de arte, para Curru Garabal. Nas categorías de curtametraxes, as premiadas foron 'Pura', de Carmen Méndez, premio a Mellor curtametraxe de imaxe real e 'Eu vou conmigo', de Abano Producións, premio a Mellor curtametraxe de animación e grazas ao que a produtoraChelo Loureiro puido presumir de acumular xa unha ducia de Premios Mestre Mateo polo seu traballo. 'Filmei paxaros voando', dirixido por Zeltia Outeiriño e producido por Sétima e Ringo Media fíxose co premio a Mellor documental. Pola súa banda, 'Recollendo músicas' gañou a Mellor programa e 'Poscoito' gañou a Mellor serie web. Na categoría de Mellor videoclip o premio foi para Marimondra, de Mondra e Adela Otero. O galardón a Mellor comunicador foi para Juan Fuentes, por Quen anda aí?; Mellor realización para Marcos Nine por 'Historias de Aquí' e Mellor anuncio publicitario para Non pode ser máis de aquí, de Real Club Celta e Verve Creative Group.