A décima segunda edición dos Premios MartÃn Códax da Música Galega presentouse hoxe en sociedade cun acto na Sala Capitol de Santiago onde os convocantes, a Asociación Músicas ao Vivo, estiveron acompañados de representantes do seu patrocinador , Bodegas MartÃn Códax, e das institucións que os apoian, Concello de Pontevedra, Deputación Provincial de Pontevedra e Xunta de Galicia. Segundo explicou a presidenta da asociación Sheila Patricia, este ano os premios e a gala estarán dedicadas ás cantareiras e á tradición musical orla, en consonancia coa celebración do DÃa das Letras Galegas. Asà a temática da gala de entrega dos premios no Pazo da Cultura de Pontevedra, será unha alusión neste senso. Por outro lado non hai variacións nas diferentes categorÃas de galardóns nin na mecánica dos premios, tal e como se levou a cabo o pasado ano cun modelo mixto xurado- voto popular- voto de persoas asociadas a MAV. A única diferencia salientada será en canto aos criterios usados para a decisión sobre o Premio Artista Emerxente, no que se tomarán máis en conta as caracterÃsticas propias de cada artista que o seu proxecto en si mesmo, buscando un perfil que coincida coa descrición "emerxente", máis alá da proposta musical.
O calendario de actividades vinculadas aos Premios MartÃn Códax da Música arrancará o vindeiro 3 de marzo coa apertura ata o dÃa 23 dese mes do perÃodo de inscrición para bandas e artistas. Nos últimos anos, veñen rexistrándose máis de catrocentas propostas nas quince categorÃas musicais habilitadas en cada convocatoria. Unha vez rematado este prazo, o xurado profesional valorará as candidaturas nun proceso que se desenvolverá durante o mes de abril e do que sairán tres finalistas por apartado. Xa en maio, abriranse as votacións ao público e ás persoas asociadas a Músicas ao Vivo. O 28 de maio darase a coñecer o nome dos gañadores deste ano no transcurso da gala de entrega. No evento desvelaranse, ademais, os premios Artista Emerxente e Organistrum para salas, festivais e proxectos de comunicación e difusión musical.A gala será retransmitida a través da plataforma dixital de AGalega, máis non polas canles de televisión do ente público autonómico.