Falece o tradutor e lingüista Henrique Harguindey

Foi responsable de verter unha corentena de obras do francés para o galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Henrique Harguindey. De Estevoaei - Obra propia, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=69378157

Henrique Harguindey. De Estevoaei - Obra propia, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=69378157

Este 19 de decembro falecía aos 77 anos Henrique Harguindey. Coñecido polo seu labor na tradución e na divulgación lingüística, foi autor de corenta translacións de obras desde o francés para o galego, polo que estaba considerado como un referente neste ámbito.

Membro fundador da histórica asociación O Facho, publicou diferentes volumes sobre estilo e perfeccionamento lingüístico, e mantivo durante anos columnas en xornais como A Nosa Terra e Sermos Galiza a resolver dúbidas e realizar propostas para desenvolver un galego de calidade.

Canda a estas iniciativas, asinou, na súa maior parte en colaboración coa súa esposa Maruxa Barrio, varios volumes sobre literatura de tradición oral no noso país, a incluír diferentes compilacións de contos.

Desde 2020 iniciara a tradución á nosa lingua dos álbums de Tintín en colaboración co seu fillo Breixo Harguindey. O seu traballo valeulle o Premio de tradución da Gala do Libro Galego de 2017, por Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O legado tamén é dixital

O legado tamén é dixital

O escritor e tradutor Henrique Harguindey cedeu o seu web Palabras Desconxeladas aos fondos de web histórica do CCG

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Henrique Harguindey, Tradución, Tintín, Contos...