Falece o teólogo Xosé Chao Rego

O pensador galeguista tiña 83 anos de idade

30/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturasociedade
43 lecturas | Compartido 0 veces

Portada da revista Guieiros dedicada a Chao Rego

Logo dunha longa enfermidade, o teólogo e pensador Xosé Chao Rego falecía na mañá deste sábado 28 de novembro en Compostela. O autor foi promotor de movementos de renovación progresista e galeguista no seo da igrexa e estaba considerado como un referente a nivel estatal polos seus estudos teolóxicos. Obras como Eu renazo galego, Prisciliano, Itinerario da conciencia galega ou a Biblia Popular Galega, así como o seu traballos desde as revistas Irimia e Encrucillada valéronlle múltiples recoñecementos desde o mundo da cultura e do cristianismo do país.


Documental da homenaxe a Xosé Chao Rego organizada pola Asociación Cultural O Galo en 2004, realizado por Marcos Maceira, Cesar Carmés, Carme Vidal e Xoán Carlos Garrido.

Universo culturagalega.gal

Universos