Falece en Vigo o poeta Carlos Oroza

O autor, nado en Viveiro, tiña 92 anos de idade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carlos Oroza recita en Pontevedra en 2008. Fotografía de Adrián Estévez. Galipedia

Carlos Oroza recita en Pontevedra en 2008. Fotografía de Adrián Estévez. Galipedia

Na noite do pasado sábado falecía en Vigo, onde vivira as últimas tres décadas, o poeta Carlos Oroza. Oroza, nado en Viveiro fixérase coñecido a nivel estatal con obras como Eléncar, Cabalum, Alicia ou Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente, e destacou especialmente como poeta oral. No noso país, foi durante varios anos habitual da Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol e participou en diferentes recitais. A Casa Galega da Cultura na Cidade Olívica acolle desde as dez desta mañá a capela ardente na súa honra.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Oroza, Vigo, Viveiro, Poesía...

Claves

Protagonistas
Conceptos