A coñecida como Casa da Collona, antigo local de alterne do barrio vigués da FerrerÃa, acolle desde o pasado 27 de xaneiro a sede da Asociación Évame - Oroza. A entidade, nada a mediados do pasado ano, comeza deste xeito unha etapa centrada na conmemoración, este 2023, do centenario do nacemento do poeta nado en Viveiro e moi vencellado a Vigo, onde morou nas súas tres últimas décadas de vida ata o seu falecemento en 2015.
Xabier Romero, presidente da entidade e responsable da editorial Elvira, destacou no acto de inauguración que a sede pretende ser un espazo aberto a todas as propostas culturais que contribuirá a dinamizar culturalmente o casco histórico vigués. O local foi adxudicado a través do concurso convocado polo Consorcio Casco Vello de Vigo para instalar na zona novos negocios e propostas emprendedoras.
De cara á celebración do centenario, a asociación anunciou a vindeira presentación dunha mostra sobre o poeta que percorrerá diferentes localidades do paÃs. Ademais, a coincidir con esta presentación, a entidade asinou un convenio coa ConsellerÃa de Cultura para desenvolver diferentes actuacións de homenaxe.
Entre estas destaca a convocatoria do Premio Internacional de PoesÃa Carlos Oroza. Este galardón, de carácter bienal contará con dúas modalidades, unha para obras en galego e outra para traballos en castelán, con cadansúa dotación económica de 6.000 euros. A maiores, o certame outorgará un recoñecemento á mellor iniciativa musical de divulgación da poesÃa. Canda a isto, o departamento da Xunta apoiará a edición do volume Oroza 100, na que un cento de artistas, intelectuais e escritores achegarán "a súa visión do autor e as súas propias experiencias".