A poeta Lupe Gómez (Fisteus, 1972) ven de ser elixida a gañadora da primeira edición do Premio Internacional de PoesÃa Carlos Oroza na modalidade de 'PoesÃa en galego'. O certame bianual, convocado desde a Asociación Évame-Oroza co apoio do Goberno galego, premiou a obra 'Herbario da noite pecha' da escritora e tamén concedeu dous galardóns máis : Amancio Prada (mellor iniciativa musical de divulgación da poesÃa) e o escritor chileno Roberto Morales Miranda (premio de poesÃa na modalidade de castelán). O novo certame, creado para celebrar o centenario do nacemento do escritor e manter viva a memoria do poeta Carlos Oroza e promover a escritura e edición de poesÃa, contempla para os gañadores unha dotación de 6.000 euros cada un e os galardoados recibirán unha figura de Oroza realizada en bronce pola artista Cuqui Piñeiro.
A obra de Gómez 'Herbario da noite pecha' recibiu o apoio da maiorÃa do xurado. Na acta, o xurado valora "a linguaxe limpa, transparente e luminosa dos seus versos. O seu carácter sensorial é quen de transportar o lector cara a un universo da memoria vencellada coa infancia a través dunha ollada tenra e feminina. Un poemario directo de verso curto, onde se percibe o latexo da terra". No palmarés persoal da poeta galega están, entre outros, os premios Johán Carballeira, Premio da CrÃtica, Miguel González Garcés e Fiz Vergara Vilariño. É autora da narración autobiográfica Fisteus era un mundo (2001) e do epistolario Fosforescencias (2019). O 2023 está a ser o seu ano: Con Salón de Té (Xerais, 2023) gañou o XI Premio de PoesÃa Manuel Lueiro Rey e agora o I Premio Internacional de PoesÃa Carlos Oroza.